Finisterre (Buenos Aires)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Finisterre.
Finisterre (Buenos Aires) | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Finisterre foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1927 e 1929.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Publicación mensual. Órgano de la Sociedad Finisterre en América, apareceu o en 1927. Empezou saíndo cada mes e despois bimestralmente. Estaba dirixida por Joaquín de Haz Ugarte e nas súas páxinas aparecían artigos sobre a comarca de Fisterra, acontecementos históricos e as actividades que levaba a cabo a asociación homónima. Incluíu numerosos poemas e estaba ilustrada con fotografías da zona fisterrá, institucionais e de sociedade. Entre os seus colaboradores figuraron Ramón Suárez Picallo, Feliciano de Haz Ugarte, Julio Conde Rivas, Ramón Ballón, Benigno Oliveira, Josefina Graíños e Felipe Fernández Armesto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 142. ISBN 84-87172-30-X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na Hemeroteca da Real Academia Galega