Francisco García Fernández (profesor)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Burgos, España |
Morte | 1953 (54/55 anos) México |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Francisco García Fernández, nado en Burgos en 1898 e finado en México en 1953, foi un profesor e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario municipal do concello de Ponteareas, era profesor particular. Foi director de La Voz del Tea. Obtivo o título de procurador dos tribunais en xuño de 1936.[1] Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal e pasouse á zona republicana. Foi xulgado en Vigo por rebelión militar sendo declarado en rebeldía. Foi funcionario do goberno da República. Ao rematar a guerra saíu para Francia. En 1939 embarcou en Marsella para exiliarse en México. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Argentina González Candeira, que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas. [3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Tea, 14-6-1936, p. 2.
- ↑ BOE, 19-7-1941, p. 2862.
- ↑ Martins Rodríguez, María Victoria (2011). "Cárceles y mujeres en Galicia durante el franquismo". Stud. hist., H.ª cont. (Universidad de Salamanca) (29): 87–117.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Francisco García Fernández na base de datos do proxecto Nomes e voces.
- Ficha no Departamento de Migración de México