Hércules (revista)
Hércules | |
---|---|
País | Arxentina |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1921 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hércules foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1921 e 1926.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Tribuna Independiente, apareceu o 15 de xaneiro de 1921 co lema Por el progreso y cultura general de Galicia. Sucedeu a El Eco de Teo, sendo a dirección e os contidos os mesmos, o cambio de nome obedece a que agora pasa a ser o órgano de prensa da Federación de Sociedades Agrarias e Instrutivas da Provincia da Coruña. Entre as cinco sociedades fundadoras da Federación atopábanse as dúas de Teo e Vedra que editaban El Eco de Teo. O seu director foi Juan Gestoso. Recolle noticias da actualidade galega, de arte e cultura e artigos sobre algúns concellos e parroquias da provincia da Coruña, nos que se critica especialmente a súa situación económica e social. Mantivo polémicas con El Agrario Barcalés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Hércules". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cerdeira Louro, Jorge e Botana Iglesias, Rocío (2009). A emigración en Vedra ISBN 978-84-692-7532-0.