Hiram Stevens Maxim
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1840 Sangerville, Estados Unidos de América |
Morte | 24 de novembro de 1916 (76 anos) Londres |
Lugar de sepultura | Cemitério de West Norwood (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Invento |
Ocupación | inventor , empresario |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Sarah Haynes (1881–1916), morte da persoa |
Fillos | Hiram Percy Maxim (pt) |
Irmáns | Hudson Maxim (pt) |
Premios | |
Hiram Stevens Maxim, nado en Sangerville, Maine, o 5 de febreiro de 1840 e finado en Londres o 24 de novembro de 1916, foi un inventor estadounidense coñecido sobre todo pola invención da metralladora Maxim en 1884, a primeira metralladora portátil e totalmente automática. Tamén realizou algúns intentos de realizar máquinas voantes, pero os seus deseños nunca chegaron a voar. Non obstante, a súa atracción de feira "Máquina voante cativa" foi moi popular nas feiras británicas.