Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann
Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann | |
---|---|
Título orixinal | Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann |
Autor/a | Jonas Jonasson |
Cuberta | Eric Thunfors |
Orixe | Suecia |
Lingua | Sueco |
Tema(s) | pensionista |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Piratförlaget |
Data de pub. | 9 de setembro de 2009 |
Páxinas | 391 |
ISBN | 978-91-642-0296-3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann é unha novela cómica escrita polo autor sueco Jonas Jonasson[1] que foi publicada no 2009.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Allan Karlsson é un cidadán sueco que se atopa a piques de cumprir o seu centésimo aniversario. Vivindo nunha residencia da terceira idade, e mentres os seus veciños lle estaban a preparar unha festa para celebralo, Karlsson decide botarse pola fiestra da súa habitación e fuxir da residencia; é o 2 de maio de 2005. A partir de aquí, a historia segue as peripecias do protagonista mentres é perseguido por narcotraficantes e policías.
Alén das aventuras de Karlsson, ó longo da novela tamén se conta de xeito paralelo a vida anterior do protagonista: entre outros feitos, Allan Karlsson comparte mesa co futuro presidente dos Estados Unidos Harry Truman, conversa con Winston Churchill, viaxa en barco coa muller de Mao Zedong ou atravesa a pé o Himalaia.
Adaptación ó cinema
[editar | editar a fonte]O 25 de novembro de 2010 anunciouse que Felix Herngren dirixiría unha adaptación cinematográfica do libro. O filme foi producido por FLX Film e comezou a rodarse no 2012.[2] Robert Gustafsson foi o encargado de interpretar o papel protagonista, Allan Karlsson.[3] A estrea produciuse en Suecia o 25 de decembro do 2013. Walt Disney Studios Motion Pictures negociou os dereitos de distribución.[2][3][4] O filme bateu o récord histórico de recadación en Suecia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann" (en sueco). Piratförlaget. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 2 de marzo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 "Felix Herngren filmar Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann" (en sueco). Piratförlaget. 25 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 2 de marzo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Ståhlberg, Carin (11 de xullo de 2011). "Gustafsson kliver ut genom fönstret i ny film". Dagens Nyheter (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2011. Consultado o 2 de marzo de 2012.
- ↑ Roxborough, Scott (12 de outubro de 2012). "Swedish '100 Year Old Man' Gets $1.6 Million in Financing". The Hollywood Reporter. Consultado o 10 de febreiro de 2013.