Illuminati Hotties
Illuminati Hotties | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles, |
Período | 2017 - presente |
Xénero(s) | punk rock, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Tiny Engines, Hopeless Records, Snack Shack Tracks, Big Scary Monsters |
Membros | Sarah Tudzin Tim Kmet Sapphire Jewell Zach Bilson |
Na rede | |
Bandcamp | |
Illuminati Hotties é unha banda estadounidense de indie rock procedente dos Ánxeles, California, fundada e liderada pola produtora e enxeñeira de son Sarah Tudzin.
Historia[editar | editar a fonte]
Sarah Tudzin comezou a súa carreira na música como enxeñeira de gravación. O proxecto Illuminati Hotties comezou como unha extensión do seu traballo, como un xeito de demostrar as súas variadas capacidades de produción. En 2018 Tudzin e a súa banda publicaron o seu álbum de estrea, Kiss Yr Frenemies, a través do selo Tiny Engines.[1][2][3]
En outubro de 2019, Tudzin publicou unha canción para ser descargada titulada "ppl plzr", con todos os ingresos da pista destinados ao grupo de prevención do suicidio The Trevor Project.[4] Despois de que fose "filtrada" o 3 de xullo de 2020,[5] Illuminati Hotties anunciaron un mixtape, Free I.H: This Is Not the One You've Been Waiting For, que sería lanzado ese mesmo mes. Unha entrevista con Stereogum o 10 de xullo deixou claro que estaba relacionado con "un acordo de saída que permitiu a Tudzin mercar o seu contrato de Tiny Engines cunha liquidación en efectivo e un pago de dereitos de autor nun proxecto futuro" e que sería editado o 17 de xullo.[5]
O 4 de decembro de 2020, Illuminati Hotties colaboraron coa canción "xmas wish list (what we all asked for)" no recompilatorio de Nadal Simply Having a Wonderful Compilation.[6]
En 2021 Tudzin anunciou que colaborara con Hopeless Records para crear o seu propio selo, Snack Shack Tracks. O primeiro lanzamento da discográfica foi o tema deIlluminati Hotties "MMMOOOAAAAAYAYA".[7] O 10 de xuño a banda publicou o sinxelo "Pool Hopping" e anunciou o seu terceiro álbum de estudio, Let Me Do One More, que sería lanzado o 1 de outubro dese ano.[8]
En 2023 Tudzin fixo as voces en "Igyah Kah", unha canción composta por Kevin Kiner coa axuda de Ludwig Göransson, usada no primeiro episodio da serie de televisión Ahsoka. O tema foi publicado como parte do primeiro volume da banda sonora orixinal da serie o 15 de setembro de 2023.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Kiss Yr Frenemies | 2018 | Tiny Engines |
Let Me Do One More | 2021 | Snack Shack Tracks, Hopeless Records |
Mixtapes[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Free I.H: This Is Not the One You've Been Waiting For | 2020 | autoeditado |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fitzmaurice, Larry. "Illuminati Hotties: Kiss Yr Frenemies". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-05-27.
- ↑ "Illuminati Hotties Album Review: \'Kiss Yr Frenemies\'". Stereogum (en inglés). 2018-05-08. Consultado o 2024-05-27.
- ↑ "Illuminati Hotties made a catchy song about being in a shitload of debt". The FADER (en inglés). Consultado o 2024-05-27.
- ↑ "New Mix: Torres, Julien Baker, Illuminati Hotties, More". NPR. Consultado o 27 de maio de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 "Illuminati Hotties Announce New Mixtape 'Free I.H.': Read Our Interview & Hear The Scathing Lead Single". Stereogum (en inglés). 2020-07-10. Consultado o 2024-05-27.
- ↑ "Simply Having a Wonderful Compilation, by Various Artists". Father/Daughter Records (en inglés). Consultado o 2024-05-27.
- ↑ "illuminati hotties Launch New Label Snack Shack Tracks, Stream "MMMOOOAAAAAYAYA"". Consequence of Sound (en inglés). 2021-04-21. Consultado o 2024-05-27.
- ↑ Battoclette, Augusta. "illuminati hotties let loose and have fun in "Pool Hopping"—watch". Alternative Press Magazine (en inglés). Consultado o 2024-05-27.