[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Ischia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIschia
Imaxe
Tipoilla volcánica Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Flégreas Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Flégreas Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaCidade metropolitana de Nápoles, Italia e Provincia de Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°43′52″N 13°53′44″L / 40.7311, 13.8956
Bañado porMar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude789 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións7,2 (ancho) × 9,9 (lonxitude) km
Perímetro34 km Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Epomeo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (787 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie46,3 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5611402

Ischia (pronuncia en italiano [ˈiskja] (AFI)) é unha illa volcánica do Mar Tirreno, na entrada do golfo de Nápoles, na Campania, Italia. É un importante centro turístico. Comprende 46,3 km² e ten unha poboación de 64.028 habitantes[1] é a terceira illa italiana máis poboada, logo de Sicilia e Sardeña.

É a illa máis grande das Illas Flégreas e está dividida en seis concellos: Ischia, Casamicciola Terme, Lacco Ameno, Forio, Serrara Fontana e Barano.

Na illa, de orixe volcánica, predominan os outeiros e o monte Epomeo constitúe a cima máxima con 787 m de altura. Rica en praias de area e enseadas (moitas delas de fácil acceso tanto por terra como por mar).

O clima é xeralmente cálido e húmido cunha temperatura máxima de 38 °C en tempada alta. A extraordinaria posición xeográfica de Ischia garante (a diferenza doutras localidades do golfo de Nápoles) un óptimo clima a maior parte do ano. Xeralmente, o inverno é de temperatura media, con choivas breves. As estacións intermedias son temperadas e aínda durante o verán (no período de maior calor) é fácil atopar un ambiente fresco nos outeiros da illa.

Forio é a segunda localidade máis importante de Ischia, por poboación e comercio. Esténdese no centro de dous promontorios, Punta Caruso (na localidade de Zaro) e Punta Imperatore, entre praias consideradas as máis belas da illa e o verde metálico das viñas, que desde o monte Epomeo descenden nun escenario de incomparable beleza. Forio ten unha superficie de 13 km², cunha poboación de 12.638 habitantes e unha altitude que alcanza os 700 m na zona da Falanga. Divídese en dúas fraccións: Forio e Panza, que á súa vez están compostas doutras zonas periféricas (Monterone, Cuotto, Citase). Forio é a única localidade que conserva intacto o centro histórico cos vehículos, as igrexas, as torres de recoñecemento e os monumentos cuxa estrutura permaneceu inalterada.

Virxilio refírese poeticamente á illa como Inarime [2] e máis adiante como Arime A súa poética alusión fixo aparentemente mención na Ilíada [3] a Tifón sendo encadeado εἰν Ἀρίμοις ein Arímois. Marciano Capella seguiu a Virxilio aludindo a Ischia con este nome, o cal non foi, aínda así, moi utilizado: os romanos chamárona Aenaria, os gregos, Pitecusas O plural indicado de Procida é probable que sexa correcto.. "Plinio o Vello deriva correctamente o nome grego dos depósitos de arxila locais, non de πίθεκος píthekos (mono) e explica que o nome latino está conectado coa cabeceira de praia de Eneas. O nome aparece por primeira vez nunha carta do Papa León III a Carlomagno no 813 (iscla de insula) , aínda que existe unha polémica sobre a posible orixe semítica de I-schra, "illa negra".

Antigüidade

[editar | editar a fonte]

A área da acrópole do Monte Vico estivo habitada desde a Idade de Bronce micénica, como o testemuña a cerámica da Idade de Ferro. Eubeos de Eretria e Calcis chegaron no século -VII para estableceren un emporio para comerciar cos etruscos de terra firme. Dada a súa situación na baía, o asentamento de Pitecusas tivo éxito mediante o comercio de ferro coa terra firme de Italia; na súa época álxida, Pitecusas era o fogar dunhas 10.000 persoas.

O artefacto de cerámica eubea inscrito coa referencia de "copa de Néstor" foi descuberto nunha tumba da illa en 1953. Hai gravadas na copa unhas poucas liñas escritas en alfabeto cumano. Cara ó -730, e é a máis antiga referencia escrita da Ilíada e quizais o primeiro precursor que existe do alfabeto latino.

No século -VI a primeira colonia grega de terra firme foi fundada desde aquí, na costa de Campania en Cumas, probablemente chamada así pola cidade eubea de Cuma, posiblemente por colonizadores que fuxían da actividade volcánica. No -474 Hierón I de Siracusa foi para axudar aos cumanos contra os etruscos e derrotounos no mar. El ocupou Ischia e as illas partenopeas e deixou atrás unha guarnición para construír unha fortaleza antes que a propia cidade de Ischia. Esta aínda existía na Idade Media, pero a guarnición orixinal fuxiu ante as erupcións do -470 e a illa foi tomada polos napolitanos.

Os romanos apoderáronse de Ischia e Nápoles no -322.

Illa de Ischia e Cabo Miseno desde o Espazo (NASA)

Era cristiá ata o 1500

[editar | editar a fonte]

No ano 6 César Augusto devolveu a illa a Nápoles a cambio de Capri. Ischia sufriu as invasións bárbaras, sendo tomada primeiro polos hérulos, logo polos ostrogodos, e sendo ao final absorbida polo Imperio romano oriental. Os bizantinos cederon a illa a Nápoles no 588 e cara ao 661 comezou a ser administrada por un conde supeditado ao duque de Nápoles. A área foi devastada polos sarracenos no 813 e 847; no 1004 foi ocupada por Henrique II de Alemaña; os normandos de Roxerio II de Sicilia tomárona en 1130; a illa foi asaltada polos pisanos en 1135 e 1137 e posteriormente caeu baixo o dominio dos anxevinos. Tras as Vésperas sicilianas en 1282, a illa rebelouse, recoñecendo a Pedro III de Aragón, pero foi retomada polos anxevinos o ano seguinte. Foi conquistada en 1284 polas forzas de Aragón e Carlos II de Anjou incapaces de volvela a tomar con éxito ata 1299.

Como consecuencia das últimas erupcións na illa, a poboación fuxiu a Baias onde permaneceron durante 4 anos. En 1320 Roberto de Anjou e a súa muller Sancia visitaron a illa e foron hospedados por Cesar Sterlich, enviado por Carlos II desde a Santa Sé para gobernar a illa en 1306, e aquel chegou case aos 100 anos de idade.

Ischia sufriu moito nas loitas do período Anxevino-Durazzano. Foi tomada por Carlo Durazzo en 1382, reconquistada por Lois II de Anjou en 1385 e aínda así capturada outra vez por Ladislau de Durazzo en 1386; foi saqueada pola frota do Antipapa Xoán XXIII baixo o mando de Gaspare Cossa en 1410 e reconquistada por Ladislau o ano seguinte. En 1422 Xoán II legou a illa á filla adoptiva do seu irmán Afonso V de Aragón, pero cando el caeu en desgraza, ela reconquistouna coa axuda de Xénova en 1424. En 1438 Afonso reocupou o castelo, expulsando aos homes e proclamándoa colonia castelá, e casando os seus homes coas viúvas e fillas dos expulsados. Distinguiuse ao construír unha ponte para unir o castelo co resto da illa e esculpiu no exterior unha longa galería, e ambos aínda poden ser vistos actualmente. En 1442 deixou a illa a unha das súas favoritas, Lucrecia d'Alagno, quen confiou o goberno ao seu cuñado Giovanni Torella. Tras a morte de Afonso en 1458, eles devolveron a illa ao bando anxevino. Fernando I de Nápoles ordenou a Alessandro Sforza que botase a Torella fose do castelo e deu a illa, en 1462, a Garceraldo Requesens. En 1464, tras unha breve insurrección Torellana, Marino Caracciolo foi o gobernador.

Castelo Aragonés de Ischia

En febreiro de 1495, coa chegada de Carlos VIII, Fernando II desembarcou na illa e tomou posesión do castelo e, tras ser asasinado coas súas propias mans polo desleal conde Giusto di Candida, pasou a illa baixo o control de Innico D'Avalos, marqués de Pescase e do Vasto, quen habilmente defendeu a praza da frota francesa. Con el veu a súa irmá Costanza e a través deles foi fundada a dinastía D'Avalos, a cal permaneceu en Ischia ata 1700.

1500 - 1700

[editar | editar a fonte]

Durante todo o século XV, a illa sufriu as incursións dos piratas e corsarios berberiscos . En 1543 e 1544 Khair ad Din, chamado Barbarroxa, arrasou a illa e fixo 4.000 prisioneiros. En 1548 e 1552, Ischia foi acosada polo seu sucesor Dragut Rais. Coa crecente rareza e diminución da dureza dos ataques piratas, o seguinte século e a construción de mellores defensas, os insulares chegaron a aventurarse fóra do castelo, o cal desde entón comezou a ser o centro histórico da cidade de Ischia. Ata o punto de que moitos dos habitantes que terminaron o seu cativerio como escravos dos piratas volveron; o último que se saiba, foi capturado en 1796.

Durante a revolución de Tommaso Aniello (Masaniello) en 1647 , houbo un conato de rebelión contra os terratenentes feudais.

Desde o século XVII ata o XXI

[editar | editar a fonte]

Coa extinción da liñaxe D'Avalos en 1729, a illa volveu a un status de dependencia. En marzo de 1734 foi tomada polos Borbóns e administrada por un gobernador real asentado dentro do castelo. A illa participou, na curta vida da República de Nápoles que comezou en marzo de 1799 pero o 3 de abril, o Comodoro Trowbridge -baixo do mando do almirante Nelson reduciu a revolta de Ischia e da veciña Procida. Por decreto do gobernador, moitos rebeldes foron colgados nunha praza de Procida chamada, por iso, Piazza dei martiri (Praza dos mártires). Entre eles estaba Francesco Buonocore, que recibira a illa, para administrala, do xeneral Championnet, desde Nápoles. O 13 de febreiro de 1806, a illa foi ocupada polos franceses debido a un infrutuoso ataque dos ingleses o 24 de xaneiro.

O 28 de xullo 1883, un terremoto destruíu as poboacións de Casamicciola Terme e Lacco Ameno.

Economía e Turismo

[editar | editar a fonte]

Casamicciola é unha cidade termal cerca ao mar, caracterizada polo maior número de terremotos que se poida recordar e contraditoriamente, posúe a maior riqueza de fontes termais. En 1956, Casamicciola integrou ao seu orixinario nome a cualificación de Centro Termal, debido á forte presenza de fontes termais. A maior parte atópanse na localidade de "Castiglione", "A Rita" e a Praza Bagni onde se sitúan a maior parte dos hoteis e centros termais. Algunhas dos máis importantes fontes son: Gurgitello, Tamburro, Ouro, Argento, Ferro, Occhio, Colata. Casamicciola atópase ao primeiro posto como centro de curas termais respecto dos outros concellos da illa. No século pasado foi frecuentada por personaxes famosos como, Lamartine, Renan, Henrik Ibsen, e tamén Garibaldi.

Lugares de Interese

[editar | editar a fonte]
  • Vila A Colombaia (Lacco Ameno - Forio)

A Vila, rodea dun parque, foi construída para Luigi Patalano famoso socialista local e xornalista. Actualmente é o centro cultural da Institución dedicada a Visconti, a cal promove actividades culturais de música, cine, teatro, exposicións de arte, talleres, revistas cinematográficas. Un museo dedicado a Luchino Visconti. A Vila e o Parque están abertos ao público.

  • Vila A Mortella (Forio - San Francesco)

Este parque está en Forio de Ischia e foi orixinalmente propiedade do compositor inglés William Walton, quen viviu á beira da Vila coa súa muller. Cando o compositor chegou á illa en 1946, chamou inmediatamente a expertos botánicos de Inglaterra para planificar o xardín, plantando plantas tropicais e mediterráneas, alcanzan hoxe asombrosas proporcións.

  1. demo.istat.it 01/01/2015
  2. Eneida IX 716. Tamén Ovidio As metamorfoses XIV 89 e Plinio Naturalis Historia III 83.
  3. II.783

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]