Jānis Mendriks
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1907 Aglona, Letonia (en) |
Morte | 1 de agosto de 1953 (46 anos) Vorkuta, Rusia (pt) |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Letonia Unión Soviética |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Seminario Teológico Católico de Riga |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Jānis Mendriks (en ruso: Я́нис Ме́ндрикс) nado en Aglona, Letonia (daquela, parte do Imperio ruso) o 21 de xaneiro de 1907 e finado en Vorkuta o 1 de agosto de 1953 na revolta do gulag soviético de Vorkuta. Foi un cura católico letón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Letgallia, preto de Aglona, un territorio do antigo Imperio Ruso. Entrou na Orde dos padres marianistas no 1926 e foi ordenado sacerdote no 1938.
En 1950 foi preso e condenado a 10 anos nun campo de concentración en Vorkuta, na República dos Komis, onde estaba destinado a traballar nas minas de carbón da zona. Despois da morte de Iosif Stalin os detidos deste campo de concentración, na esperanza dunha liberación inminente, rexeitaran traballar. A policia do campo de concentración, ao entender que non conseguían convencer os presos a voltaren ao traballo nas minas, decidiu matalos.
O día 1 de agosto de 1953, Jānis Mendriks foi un dos primeiros en seren fusilados.
Na congregación dos padres marianistas é considerado un mártir.
Jānis Mendriks foi homenaxeado pola Igrexa Católica Romana como un Servo de Deus desde o ano 2003.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jānis Mendriks |