Joaquín Almunia
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
José Joaquín Almunia Amann, nado o 7 de xuño de 1948 en Bilbao, é un político español ligado ao PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Biografía
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito e Ciencias Económicas na Universidade de Deusto e foi profesor asociado da Universidade de Alcalá. Entre 1972 e 1975 foi economista na Oficina das Cámaras de Comercio Españolas en Bruxelas e foi nesta época cando se afiliou ó PSOE.
Actividade política
[editar | editar a fonte]Foi o principal asesor económico da UXT no período 1976 - 1979 e Deputado no Congreso pola circunscrición de Madrid no período 1979 - 2004. Ministro de Traballo e Seguridade Social (1982 - 1986) e de Administracións Públicas (1986 - 1991), foi asemade Voceiro parlamentario socialista (1994 - 1997).
En 1997 sucedeu como Secretario Xeral do PSOE a Felipe González, de quen era home de confianza. Nas eleccións primarias do seu partido saíu perdedor fronte a Josep Borrell que tivo o 55% dos votos pero acabou renunciando por ter en contra á dirección do partido e ó coñecerse que dous colaboradores seus defraudaran á Facenda. Polo tanto Joaquín Almunia foi o candidato do PSOE á Presidencia do Goberno nas eleccións do ano 2000, nas que o seu partido obtivo 7 918 752 votos (o 34,1%) e 125 deputados. Trala derrota presentou a súa dimisión.
Desde o 2004 é Comisario Europeo para Asuntos Económicos e Monetarios.
Predecesor: Jesús Sancho Rof |
Ministro de Traballo e Seguridade Social de España 1982 - 1986 |
Sucesor: Manuel Chaves González
|
Predecesor: Félix Pons |
Ministro de Administracións Públicas de España 1986 - 1991 |
Sucesor: Juan Manuel Eguiagaray Ucelay
|
Predecesor: Felipe González |
Secretario Xeral do PSOE 1997 - 2000 |
Sucesor: José Luis Rodríguez Zapatero
|
Predecesor: Pedro Solbes |
Comisario Europeo de Asuntos Económicos e Monetarios 2004 - |
Sucesor: '
|
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE
- Ministros de España
- Nados en Bilbao
- Nados en 1948
- Alumnos da Universidade de Deusto
- Profesores da Universidade de Alcalá
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)
- Membros da Comisión Europea