Johann Friedrich von Eschscholtz
Nome orixinal | Johann Friedrich Gustav von Eschscholtz |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de novembro de 1793 Dorpat, Gobernorato de Riga, Imperio Ruso (Hoxe Tartu, Estonia) |
Morte | 19 de maio de 1831 Dorpat, Gobernorato de Riga, Imperio Ruso |
Causa da morte | Tifo |
Catedrático | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | rusa (Alemáns do Báltico) |
Formación profesional | Medicina |
Educación | Universidade Imperial de Dorpat |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | Médico, anatomista, explorador, botánico, zoólogo e profesor de universidade |
Empregador | Universidade Imperial de Dorpat |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Eschsch. |
Abreviatura do autor en zooloxía | Eschscholtz |
Arquivos en |
|
Premios | |
Membro da Leopoldina Membro da Academia prusiana das Ciencias | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Russian Biographical Dictionary (en) Yuzhakov Big Encyclopedia (en) |
Johann Friedrich von Eschscholtz (en ruso, Иоганн Фридрих фон Эшшольц), nado o 1 de novembro de 1793 Dorpat, Gobernorato de Riga, Imperio Ruso (hoxe Tartu, Estonia), e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1831, foi un médico, anatomista, explorador, botánico, zoólogo e profesor de universidade ruso (da minoría étnica dos alemáns do Báltico).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eschscholtz estudou Medicina na Universidade Imperial de Dorpat (hoxe Universidade de Tartu), e comezou a súa carreira principal alí: foi profesor extraordinario de Anatomía (1819), director de Zooloxía (1822) e profesor titular de Anatomía (1828).
Entre 1815 e 1818 foi o médico e naturalista na nave rusa expedicionaria Rurick, baixo as ordes de Otto von Kotzebue. Recolectou especies en Brasil, Chile, California, nas illas do Pacífico, e no estreito de Bering, Kamchatka e nas illas Aleutianas.
O outro naturalista a bordo era o botánico Adelbert von Chamisso, que coleccionou con Eschscholtz os espécimes de insectos durante a viaxe. Os dous eran amigos íntimos, e Chamisso denominou a papoula de California co nomee científico de Eschscholzia californica no seu honor. Os resultados da viaxe publicáronse na revista de Berlín Entomographien en 1822.
De 1823 a 1826 Eschscholtz fixo unha segunda viaxe, na nave Predpriaetie, de novo con Kotzebue como comandante. As coleccións máis grandes, principalmente de coleópteros, recolectáronse nos trópicos e en Alasca, Sitka e California.
Antes da súa temperá morte Eschscholtz visitou o especialista francés en coleópteros Pierre François Marie Auguste Dejean. Eschscholtz describiu coleópteros que el coleccionara usando a colección de Dejean para decidir que era novo. Os nomes binomiais que el lles deu, a as súas descricións, foron publicadas por Dejean despois da morte de Eschscholtz. Dejean atribuínos a Eschscholtz, pero as regras da nomenclatura binominal máis tarde o excluíron.
Eschscholtz foi un dos primeiros e máis importantes científicos na exploración do Pacífico, Alasca e California. Entre as súas publicacións destacan System der Akalephen (1829) e o Zoologischer Atlas (1829-1833).
En 1821, von Eschscholtz foi elixido membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.[1]
Eschscholtz foi o primeiro naturalista en describir o verme landra (Balanoglossus), que encontrou nas illas Marshall en 1825.
As súas coleccións de insectos están no Museo Zoolóxico de Moscova, e nos Museos de Dorpat (Tartu) e Helsinqui.
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]- Kotzebue nomeu unha iila das Marshall como atol Eschscholtz (que se renomeou en 1946 como atol Bikini).
- Kotzebue tamén deu nome ne seu honor a unha pequena baía situada ao final do Kotzebue Sound (en Alasca), a baía Eschscholtz.
- O xénero Eschscholzia foi nomeado no seu honor.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Eschsch. emprégase para indicar a Johann Friedrich von Eschscholtz como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[2]
- A abreviatura Eschscholtz emprégase para recoñecer a Johann Friedrich von Eschscholtz como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Johann Friedrich von Eschscholtz |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beidleman, Richard G. (2006). California's Frontier Naturalists. University of California Press. pp. 48–60.
- Daum, Andreas W. (2019). "German Naturalists in the Pacific around 1800: Entanglement, Autonomy, and a Transnational Culture of Expertise". En Berghoff, Hartmut. Explorations and Entanglements: Germans in Pacific Worlds from the Early Modern Period to World War I. Berghahn Books. pp. 79–102.
- Essig, E. O. (1931) History of Entomology.
- McKelvey, Susan Delano (1998). "Eschscholtz and Von Chamisso Spend a Month at the Bay of San Francisco" (PDF). Fremontia 26 (3).
- Pont, A. C. (1995). The dipterist C. R. W. Wiedemann (1770–1840). His life, work and collections. Steenstrupia 21: 125 - 154.
- Sterling, Keir B., ed. (1997). "Eschscholtz, Johann Friedrich". Biographical Dictionary of American and Canadian Naturalists and Environmentalists. Greenwood Press.
- "Eschscholtz, Johann Friedrich Gustav von (1793-1831)". JSTOR Global Plants (ITHAKA).