[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Jordan Crawford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJordan Crawford

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jordan Lee Crawford Editar o valor en Wikidata
23 de outubro de 1988 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónHargrave Military Academy (en) Traducir
Universidade de Indiana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura193 cm Editar o valor en Wikidata
Peso88 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo4 Editar o valor en Wikidata
Convocado porBrooklyn Nets, 27º (24 de xuño de 2010) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Washington Wizards
- Chicago Bulls
- Golden State Warriors
- Atlanta Hawks
- Boston Celtics
2007- Indiana Hoosiers (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: jcraw55 Editar o valor en Wikidata

Jordan Lee Crawford, nado o 23 de outubro de 1988 en Detroit, Míchigan é un xogador americano de baloncesto profesional. Xogou na Universidade de Indiana e na de Xavier.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado polos New Jersey Nets na 27ª posición do Draft da NBA de 2010. Os seus dereitos foron traspasados máis tarde aos Atlanta Hawks. Alí xogou a súa primeira tempada, onde xogou 16 partidos nos que fixo 4.2 puntos por encontro.

O 23 de febreiro de 2011, Crawford foi traspasado aos Washington Wizards, xunto con Maurice Evans e Mike Bibby. O 8 de marzo de 2011, Crawford 22 puntos contra os Milwaukee Bucks, o máximo da súa traxectoria nese intre. O 15 de marzo, superou esa marca, anotando 27 puntos na derrota contra os Chicago Bulls. Superouno outra vez nese mesmo mes, o día 30, anotando 39 puntos na derrota contra Miami Heat. O 1 de abril do 2011, Crawford conseguiu a súa primeira tripla-dobre da súa traxectoria profesional, conseguindo 21 puntos, 11 asistencias e 10 rebotes contra os Cleveland Cavaliers.

O 21 de febreiro de 2013, Crawford foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Leandro Barbosa e Jason Collins.[1]

O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Celtics, os Golden State Warriors e os Miami Heat. Os Celtics mandaron a Crawford e a MarShon Brooks ós Warriors. A cambio, recibiron a Joel Anthony dos Heat, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat. Ademais, Toney Douglas foi enviado ós Heat no mesmo traspaso.[2]

  1. "Celtics Acquire Jordan Crawford". NBA.com. 2013-02-21. Consultado o 2013-02-22. 
  2. "HEAT Trade Joel Anthony in Exchange for Toney Douglas". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]