Javier Posse
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Malpica de Bergantiños, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Membro de | |
Javier Posse Varela, nado en Malpica de Bergantiños en 1898, foi un anarquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda moi novo emigrou ao Uruguai co seu pai. Mozo de café en Montevideo, uniuse ao anarquismo en 1921, foi representante da Sociedad de Resistencia de Mozos y Anexos afiliada ao Consejo Regional da Federación Obrera Regional Uruguaya (FORU), onde foi nomeado secretario. Expulsado do Uruguai, instalouse na Coruña en 1933 e integrouse no Sindicato de Camareros Terrestres da CNT. En 1935 era secretario do sindicato e foi membro do Comité Regional de Galicia e do Comité Regional ProPresos.[1] Impartiu unha conferencias no centro Resplandor en el Abismo co título "Las juventudes ventudes y el momento actual".[2] A finais de 1935 participou en numerosos mitins en Galicia con Federica Montseny, Claro José Sendón e Jaime Baella Pérez.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, torturado e condenado a un ano de prisión. A principios da década dos corenta traballou como viaxante de comercio e participou na CNT clandestina. Foi membro do segundo comité da CNT formado na Coruña e de 1945 a 1947 foi o enlace entre a Confederación Rexional Galaica e o Comité Nacional de Madrid. Arrestado en marzo de 1947, foi xulgado en consello de guerra en Vigo o 1 de xuño de 1948. Foi condenado a 15 anos de prisión e internado na Colonia Penitenciaria Militarizada de Dos Hermanas en Sevilla. Saíu en liberdade provisional en agosto de 1950.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Calvo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 23-4-1935, p. 8.
- ↑ La Voz de Galicia, 24-5-1935, p. 5.
- ↑ BOE, 25-11-1950, p. 5474.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Edicións Positivas. p. 200. ISBN 84-87783-79-1.
- "Pose Varela, Xavier". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 130.
- "Pose Varela, Xavier". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 105. ISBN 84-7680-288-9.