[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Jaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Jaz foi unha unidade de almacenamento desenvolvida por Iomega en 1996, baseada na tecnoloxía de cartuchos Winchester, sistema de funcionamente moi semellante ao dos discos ríxidos. Tiña unha taxa de transferencia de ata 6'73 Mb/s e un tempo de acceso de 12 ms. Tiña unha capacidade de almacenamento de 1 ou 2 Gb segundo as versións. Nunca tivo o éxito dos discos zip, a pesar da súa maior capacidade de almacenamento, malia iso Iomega lanzou posteriormente o disco REV, que emprega unha tecnoloxía semellante.