Ollo de gato (catadióptrico)
Dispositivo de propiedades catadióptricas utilizado nas estradas para marcar as estremas entre a vía e a beiravía. Trátase dun prisma cónico de base rectangular que presenta dúas placas catadióptrias nas súas superficies exteriores meirandes, de xeito que os usuarios dos automóbiles que van nos dous sentidos da vía ven reflectidas as súas luces. A luz visible dende o sentido máis achegado ó dispositivo adoita ser amarela ou laranxa, raramente verde e en moi contadas ocasións vermella, mentres que a oposta é normalmente branca.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Nota: En inglés existe certa polémica sobre se a denominación Bott's dots se refire ó mesmo concepto cá de Cat's eyes e por iso existen dous artigos na Wikipedia inglesa. Para unha información maior e máis actualizada cómpre consultalo alí. Non obstante, para manter a coherencia co resto dos artigos da Wikipedia galega, mantemos aquí só un interwiki referente ó segundo termo.