Opinión Galeguista
Opinión Galeguista | |
---|---|
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | lingua castelá |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Opinión Galeguista foi unha publicación editada en Buenos Aires entre 1934 e 1935.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Páxina da Organización Nazonalista Repubricana Galega de Bos Aires, apareceu o 1 de outubro de 1934. Revista política de carácter mensual e tendencia galeguista de esquerdas, escrita integramente en galego e orientada á colectividade da capital arxentina. Mostrou o seu apoio explícito ao Partido Galeguista ao consideralo a única entidade organizada, democrática e galega apta para conseguir as reivindicacións que necesitaba Galicia. Dirixida por Xosé Barreiro Romero, a partir do número 5, entre os seus colaboradores estiveron Rodolfo Prada, Lino Pérez e Victoriano Martínez Baqueiro. As súas páxinas están dedicadas a difundir e informar sobre os postulados e as actividades levadas a cabo polos galeguistas da Galicia territorial e de ultramar, canalizar axudas económicas neste eido e defender o proxecto político do partido. Defendeu o réxime republicano, adoptou posturas progresistas, amosou a súa solidariedade cos vascos e cataláns e expresou a súa admiración por Irlanda. O último número é o 10, publicado en novembro de 1935.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Opinión Galeguista". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pérez Pais, Carmen (2005). "Opinión Galeguista". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 166–167. ISBN 84-87172-30-X.