Ozzy Osbourne
Nome orixinal | (en) John Michael Osbourne |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de decembro de 1948 Marston Green, Reino Unido (en) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Ozzy Osbourne |
Residencia | Buckinghamshire Os Ánxeles |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Actividade | |
Ocupación | cantante , músico |
Período de actividade | 1967 |
Membro de | |
Xénero artístico | Heavy metal, hard rock, heavy metal tradicional (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Epic Records |
Familia | |
Cónxuxe | Sharon Osbourne (1982–) Thelma (1971–1982) |
Fillos | Elliot Kingsley (en) ( Jessica Osbourne (en) ( Louis Osbourne (en) ( Aimee Osbourne (pt) ( Kelly Osbourne (pt) ( Jack Osbourne (pt) ( |
Pais | Jack Osbourne (en) |
Parentes | Elliot Kingsley (en) |
Premios
| |
Páxina web | ozzy.com |
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, é un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se estende xa ao longo de 50 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Principe da escuridade". Osbourne é tamén coñecido comoo "Padriño do heavy metal".
A comezos dos anos 2000, a carreira de Osbourne expandiuse cando se converteu nunha estrela no seu propio reality show, The Osbournes, ao lado da súa muller/representante Sharon e dous dos seus tres fillos, Kelly e Jack. Un documental sobre a súa vida e carreira, God Bless Ozzy Osbourne, estreouse en abril do ano 2011 no Festival de Cinema de Tribeca e publicouse en DVD no mes de novembro dese ano.