La Actualidad
La Actualidad | |
---|---|
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Actualidad foi un periódico editado en Pontevedra en 1895.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario de Pontevedra que cambiou por Diario Liberal Conservador a partir do número 51, apareceu o 18 de xullo de 1895. Veu substituír a La Lealtad Gallega. Estaba administrado por Cándido Calvete. Publicou poemas de Manuel Martínez González, Francisco María de la Iglesia, Manuel Curros Enríquez e Valentín Lamas Carvajal. Apareceu tamén un artigo anónimo sobre o gaiteiro de Ventosela. A sección "Postres" contén cancións e contos en galego de Xoán Neira Cancela, Manuel Murguía, Jesús Muruais e Marcial Valladares e outros sen asinar. En castelán apareceron poemas de Enrique Labarta Pose, Salvador Golpe e Javier Valcarce Ocampo. Desapareceu co número 68, o 17 de outubro de 1895.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Actualidad, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Actualidad, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández Pulpeiro, Juan Carlos (1981). Apuntes para la historia de la prensa del siglo XIX en Galicia. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-082-5.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 322. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 22-23. ISBN 84-8288-137-X.