Liga Europea de hóckey a patíns 2021/22
Tipo | tempada deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey a patíns |
Organizador | CERH |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 2021-2022 |
Intervalo de tempo | 23 de outubro de 2021 – |
Número de edición | 57 |
A Liga Europea de hóckey a patíns 2021/22 é a 57ª tempada do principal torneo de hóckey a patíns de Europa, organizado polo WS Europe.
A edición estivo marcada pola ausencia de todos os grandes clubs de hóckey a patíns de Europa.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Aproveitando a disputa en Luso (Portugal) da final a catro da Liga Europea masculina 2020/21 durante os días 15 e 16 de maio, os representantes da Asociación Europea de Clubs de Hóckey a Patíns (coñecida polas súas siglas en inglés "EHCA") e dos comité de hóckey a patíns da World Skate mantiveron unha reunión para comezar a traballar conxuntamente na nova edición da máxima competición continental de hóckey a patíns, co obxectivo de mellorala e profesionalizala, así como darlle unha maior visibilidade á modalidade.[1]
Segundo os clubs da EHCA, a necesidade de modificar a Liga Europea obedecía á difícil situación económica do hóckey a patíns europeo, en palabras do portavoz da Asociación, Toni Miró:[2]
“ | A nós cústanos cartos xogar en Europa. Gastamos nos desprazamentos mais non temos ningún ingreso | ” |
— Toni Miró |
Dous meses despois desta primeira reunión, durante a Asemblea Xeral da EHCA celebrada o 16 de xullo, os clubs membros da EHCA acordaron por unanimidade non inscribirse na Liga Europea 2021/22. Nun comunicado emitido o 26 de xullo sinalábase que logo de celebrarse varias reunións entre a asociación, o WSE-RH e o WSRH, o comité europeo de hóckey a patíns non se pronunciara sobre o recoñecemento da EHCA como coorganizador, como solicitara na derradeira reunión o 21 de xullo, nin dera a coñecer as características da nova edición da máxima competición do hóckey a patíns europeo. Neste punto semellaba que a EHCA organizaría a súa propia competición en setembro integrada polos clubs membros, así como aqueles que gañaran a súa participación por méritos deportivos.[3]
Con todo, as conversas continuaron e logo dunha reunión telemática celebrada o 29 de xullo, e na que participaron o Director de Sport Departmente de WS Francesco Zangarini, o Director de WS-RHTC e presidente de RFEP Carmelo Paniagua, o Director de WSE-RHTC Agostinho da Silva, o presidente da FPP, e o Presidente da EHCA Joao Nuno Araujo, a situación mudou. Todas as partes chegaron a un acordo sobre o modelo de competición para a Liga Europea 2021/22, na que participarían un máximo de 16 equipos en dous grupos de oito equipos cun formato de liga todos contra todos a dobre volta con partidos disputados os xoves, finalizando cunha final a oito na que participarían os catro mellores equipos de cada grupo. A inscrición de máis equipos na competición obrigaría a programar unha fase previa. A EHCA confiaba que o diálogo permitira chegar a un acordo definitivo para traballar conxuntamente na organización da máxima competición do hóckey a patíns continental.[4][5]
Lonxe de chegarse a unha solución, 48 horas despois de chegar a un acordo sobre o modelo de competición, WS Europe retractouse e mantivo o formato de catro grupos de catro equipos cada un a unha única volta. A EHCA anunciou o 9 de setembro que os seus integrantes, doce equipos en total,[a] só xogarían a Liga Europea baixo o sistema que acordaran as partes. A máxima competición do hóckey a patíns europeo encontrábase nunha situación similar á que viviu o baloncesto europeo cando a Euroleague organizou o seu propio torneo á marxe da FIBA.[5]
Finalmente o sorteo da competición, celebrado o sábado 10 de setembro de 2021 na localidade portuguesa de Paredes, evidenciou a ruptura entre WS Europe e a EHCA, ao non presentarse ningún dos seus integrantes ao mesmo.[6]
Formato
[editar | editar a fonte]A negativa dos grandes clubs europeos deu como resultado un feito histórico no hóckey a patíns continental, xa que por primeira vez na historia da máxima competición europea non houbo ningún equipo español e viu un formato reducido con tan só oito equipos de Francia, Italia, Portugal e Suíza.[6]
O número reducido de equipos obrigou a un formato reducido consistente nunha fase de grupos e unha final a catro. Na fase de grupos, os oito equipos participantes repartíronse en dous grupos de catro equipos cada un, xogando unha liguiña a dobre volta todos contra todos. A fase de grupos comezou o 23 de outubro de 2021 e finalizará o 9 de abril de 2022. Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasifícanse para a final a catro que se disputará entre os días 14 e 15 de maio nunha sede a decidir.[7]
Equipos[b] | |||
---|---|---|---|
Grupo A | Grupo B | ||
Amatori Lodi (2º) | US Coutras ( - ) | ||
La Vendéenne ( - ) | RHC Diessbach ( - ) | ||
Sporting Tomar (6º) | Sarzana (4º) | ||
GSH Trissino (3º) | AD Valongo (7º) |
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Fase de grupos
[editar | editar a fonte]Grupo A
[editar | editar a fonte]Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Equipo | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | GSH Trissino | 4 | 2 | 2 | 0 | 14 | 10 | +4 | 8 |
2 | Amatori Lodi | 4 | 2 | 1 | 1 | 12 | 9 | +3 | 7 |
3 | Sporting Tomar | 4 | 1 | 3 | 0 | 13 | 11 | +2 | 6 |
4 | La Vendéenne | 4 | 0 | 0 | 4 | 5 | 14 | -9 | 0 |
Partidos
[editar | editar a fonte]1ª xornada 23 de outubro de 2021 | La Vendéenne | 2 – 5 | GSH Trissino | La Roche-sur-Yon | ||
20:30 CEST | Cocco 0' 19' Malagoni 12' J. Pinto 21' Faccin 34' |
Informe | Gefflot 7' M. Pinto 11' |
Estadio: Complexe Sportif de l'Angelmière Árbitro: Iván González, Oriol Pérez | ||
1ª xornada 23 de outubro de 2021 | Amatori Lodi | 4 – 4 | Sporting Tomar | Lodi | ||
21:00 CEST | Méndez 21' 29' Greco 34' Barbieri 49' |
Informe | Ivo Silva 7' Oliveira 27' 20' Moreira 36' |
Estadio: PalaCastellotti Árbitro: Miguel Díaz, Jonatan Sánchez | ||
2ª xornada 11 de decembro de 2021 | GSH Trissino | 2 – 1 | Amatori Lodi | Trissino | ||
20:45 CEST | Gavioli 16' Malagoli 41' |
Informe | Méndez 30' | Estadio: Palasport Comunale Árbitro: Miguel Guilherme, Joao Duarte | ||
2ª xornada 11 de decembro de 2021 | Sporting Tomar | 2 – 0 | La Vendéenne | Tomar | ||
18:00 CEST | L. Santos 40' Moreira 48' |
Informe | Estadio: Cidade de Tomar Árbitro: Ulderico Barbarisi, Carlo Iuorio | |||
Grupo B
[editar | editar a fonte]Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Equipo | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | AD Valongo | 4 | 3 | 1 | 0 | 19 | 8 | +11 | 10 |
2 | Sarzana | 4 | 2 | 1 | 1 | 18 | 18 | 0 | 7 |
3 | RHC Diessbach | 4 | 2 | 0 | 2 | 14 | 17 | -3 | 6 |
4 | US Coutras | 4 | 0 | 0 | 4 | 10 | 18 | -8 | 0 |
Partidos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nese momento a EHCA estaba integrada por cinco equipos da OK Liga (FC Barcelona, CH Caldes, HC Liceo, CE Noia e Reus Deportiu), cinco equipos portugueses (OC Barcelos, SL Benfica, UD Oliveirense, FC Porto e Sporting de Lisboa), o HC Forte dei Marmi italiano, e o SCRA Saint-Omer francés.[5]
- ↑ Entre parénteses clasificación dos equipos nas súas respectivas ligas. Os campionatos francés e suízo foron suspendidos pola Pandemia de COVID-19.[8]
- Referencias
- ↑ "La EHCA y la WS empiezan a trabajar juntos en la nueva competición europea 2021-2022". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de maio de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021.
- ↑ "Crisis en el hockey patines: ha empezado la Champions sin Barça ni los otros grandes". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de outubro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Los clubes de la EHCA acuerdan no inscribirse en la Liga Europea 21/22" (en castelán). HC Liceo. 26 de xullo de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021.
- ↑ "Los clubes de EHCA deciden inscribirse a la Liga Europea". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de agosto de 2021. Consultado o 6 de novembro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "El Barça y los mejores clubs se desmarcan de la Liga Europea". Mundo Deportivo (en castelán). 10 de setembro de 2021. Consultado o 6 de novembro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "El sorteo de la Liga Europea consuma la división del hockey continental". Mundo Deportivo (en castelán). 11 de setembro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2022.
- ↑ "World Skate Europe Rink Hockey Media Guide 2021/2022" (PDF) (en inglés). WS Europe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de novembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021.
- ↑ "Rink hockey. Arrêt de toutes les compétitions et saison blanche" (en francés). 8 de abril de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da WS Europe Arquivado 05 de novembro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)