Luís Sánchez Mosquera
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 A Coruña, España |
Morte | 4 de decembro de 1979 A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Constantino Sánchez Mosquera |
Luís Sánchez Mosquera, nado na Coruña en 1900 e finado na mesma cidade o 4 de decembro de 1979,[1] foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pedro Sánchez Hermida e Manuela Mosquera Otero e irmán de Constantino Sánchez Mosquera. Emigrou a Uruguai, onde estudou Medicina. Regresou á Coruña en 1932 e instalou unha clínica.[2] Foi presidente da Oficina de América da Coruña. Dirixiu a publicación A Ultramar e colaborou en periódicos e revistas. Foi presidente da Comisión organizadora do Congreso da Emigración Española a Ultramar.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefina Lastres López Abente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 5-12-1979, p. 35.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-9-1932, p. 8.