Ludvig Nobel
Nome orixinal | (sv) Ludvig Emmanuel Nobel |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xullo de 1831 Maria Magdalena parish, Suecia (en) |
Morte | 12 de abril de 1888 (56 anos) Cannes, Francia |
Lugar de sepultura | Smolensky Lutheran Cemetery (en) |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, filántropo, enxeñeiro, industrial |
Familia | |
Familia | Nobel family (en) |
Fillos | Emanuel Nobel, Carl Nobel, Anna Maria Elisabeth Sjögren, Marta Helena Nobel-Oleinikoff, Rolf Bernhard Ludvig Nobel, Gustaf Oscar Ludvig Nobel |
Pais | Immanuel Nobel e Andriette Nobel |
Irmáns | Alfred Nobel Robert Nobel Emil Oskar Nobel |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionário Biográfico Sueco (pt) New Encyclopedic Dictionary (en) |
Ludvig Nobel, nado o 27 de xullo de 1831 en Estocolmo e finado o 12 de abril de 1888 en Cannes, foi un enxeñeiro ruso-sueco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Immanuel Nobel e irmán de Robert e Alfred Nobel, educouse en escolas técnicas rusas e aprendeu tamén do seu pai en San Petersburgo, converténdose no seu home de confianza a finais da década de 1850. Durante guerra de Crimea 1853-1856 a fábrica do seu pai tiña máis de 1000 traballadores e era un negocio florecente, pero coa fin das hostilidades perdeu os contratos do goberno e o seu pai regresou a Suecia, deixando a administración técnica no seu fillo, mentres os acredores tiñan a propiedade, logrou recuperar a produción e volveu facer contratos co goberno ruso. En 1878 xunto co seu irmán Robert, fundou Branobel, unha empresa petroleira en Bakú que en 1887 producía algó máis o 18'5% do petróleo ruso e o 7'5% mundial,[1] e para a que Luvig deseñou o primeiro petroleiro moderno, o Zoroaster.[2]