Luis Felipe Serrate
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1962 (62 anos) Huesca, España |
Alcalde de Huesca | |
2019 – | |
Alcalde de Huesca | |
2015 – 2019 | |
Alcalde de Huesca | |
3 de xullo de 2010 – 11 de xuño de 2011 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Páxina web | luisfelipehuesca.es |
Luis Felipe Serrate, nado en Huesca o 5 de abril de 1962, é un político español, membro do Partido Socialista Obrero Español. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Huesca, cargo que xa ocupou entre 2010 e 2011.
Biografía
[editar | editar a fonte]Voceiro do Grupo Municipal Socialista na Casa do Concello oscense e voceiro do Grupo Socialista da Deputación Provincial de Huesca. Secretario xeral do PSOE na cidade, pertence á Executiva Provincial do partido como secretario de Participación Cidadá e Movementos Sociais. Coordinou diversas campañas electorais da Agrupación Local de Huesca.
Comezou moi novo en política. A partir de 1979, implícase na xestación e desenvolvemento do PSOE nos ámbitos comarcais. Foi concelleiro de Castejón de Monegros (Huesca), de 1999 a 2003. Dende 2003 é concelleiro no de Huesca.
É licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, ademais de diplomado en Traballo Social. Pertence ao corpo técnico da Fundación Municipal de Servizos Sociais do Concello de Huesca. Cursou o programa de doutoramento en Estado Social e Suficiencia Investigadora na Universidade Pontifica de Salamanca.