[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Luna E-3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Baixo o nome de Luna E-3, Luna E3 ou Luna Ye-3 pola súa transliteración da lingua rusa. atópase unha familia de sondas espaciais lunares soviéticas formada por dous membros.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Houbo dúas sondas Luna E-3: a primeira non chegou a órbita debido a un problema coa última etapa do foguete lanzador 8K72, aínda que alcanzou os 200.000 km de altura nunha traxectoria suborbital para logo volver á Terra; a segunda tampouco chegou a órbita debido a un problema cun foguete acelerador do foguete principal.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[3] Data[1][2][3] Carga[1][2][3] Resultado[1][2][3] Notas
1 15 de abril de 1960 Luna 4a Fallo parcial A última etapa non se acendeu, co que o satélite quedou en órbita terrestre ata a súa reentrada na atmosfera.
2 16 de abril de 1960 Luna 4b Fallo Un dos aceleradores non alcanzou a potencia prevista e catro décimas de segundo despois do lanzamento separaouse do foguete principal, deixando a este sen potencia necesaria para alcanzar órbita.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2011). "Luna E-3" (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Luna Ye-3" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-L (8K72)" (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]