[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Matías Bridge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMatías Bridge
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 2001 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
San Juan, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata

Matías Bridge Pergolis, nado en San Juan o 24 de xaneiro de 2001, é un xogador de hóckey a patíns arxentino, que xoga como porteiro no Sandrigo da Liga italiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia moi vencellada ao hóckey a patíns, sendo fillo de Alfred Bridge, histórico xogador do Unión Estudiantil de San Juan e campión do mundo coa selección arxentina en 1995, irmán máis novo de Facundo Bridge, tamén xogador profesional e igualmente campión mundial, e irmán maior de Lucas Bridge, campión mundial sub-19.[1] Matías comezou a súa carreira no Banco Hispano, pasando aos 16 anos ao Unión Estudiantil, no que militou durante os seguintes tres anos, coincidindo en ambos equipos con seu irmán. En 2019 foi elixido polo Diario de Cuyo como o mellor xogador do ano na Arxentina.[2]

En xullo de 2020 deu o salto ao hóckey europeo e fichou polo filial do Liceo coruñés, club en cuxo primeiro equipo militaba o seu irmán Facundo.[3] Foi o gardameta titular do filial na OK Liga Prata durante as tempadas 2020/21 e 2021/22 e na segunda delas debutou co primeiro equipo na OK Liga, na derradeira xornada ante o Manlleu, substituíndo no segundo tempo ao coruñés Martín Rodríguez.[4] O club coruñés proclamouse campión de liga esa mesma campaña. Para a tempada 2022/23 converteuse no segundo porteiro do primeiro equipo, por detrás de Martí Serra.[5] En xuño de 2023 o club anunciou que o xogador non seguiría na entidade na vindeira tempada.[6]

Uns días despois oficializouse a súa fichaxe polo Sandrigo italiano.[7]

Selección arxentina

[editar | editar a fonte]

En 2019 capitaneou a selección arxentina que se proclamou subcampioa mundial sub-19 en Barcelona.[2] Tres anos despois disputou coa selección absoluta o Campionato do Mundo de 2022, sendo o terceiro porteiro dun equipo no que tamén estaba o seu irmán Facundo. O conxunto albiceleste proclamouse campión ao derrotar a Portugal na final disputada no Estadio Aldo Cantoni de San Juan, a cidade natal da familia Bridge e berce do hóckey arxentino.[8]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Liceo
Selección arxentina
  1. Zaballa, Pablo (18 de novembro de 2022). "Fran 'Tombita' y Mati Bridge: "El tres de tres es muy importante para el hockey en Argentina"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "El deportista del año en Hockey sobre Patines es del VERDE" (en castelán). 20 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2023. Consultado o 20 de marzo de 2023. 
  3. "El Liceo ficha para el filial al portero argentino Mati Bridge". La Opinión A Coruña (en castelán). 3 de xullo de 2020. Consultado o 20 de marzo de 2023. 
  4. "Triunfo para despedir a fase regular (1-3)". 30 de abril de 2022. Consultado o 20 de marzo de 2023. 
  5. "El "nuevo" Liceo comienza la pretemporada". DxT Campeón (en castelán). 1 de agosto de 2022. Consultado o 21 de marzo de 2023. 
  6. "Bruno Di Benedetto, Mati Bridge, Pol Manrubia e Àlex Rodríguez non continuarán no Liceo". 16 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  7. "Matías Bridge, nuevo portero del Telea Medical Sandrigo" (en castelán). 22 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  8. Zaballa, Pablo (18 de novembro de 2022). "Fran 'Tombita' y Mati Bridge: "El tres de tres es muy importante para el hockey en Argentina"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 21 de marzo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]