Macronutriente
Aparencia
Os macronutrientes[1] son os nutrientes necesarios en grandes cantidades para que o organismo leve a cabo as súas funcións vitais. Á súa vez divídense en dous grupos: elementos primarios, principais ou maiores (nitróxeno, fósforo e potasio) e elementos secundarios ou menores (calcio, magnesio e xofre).
Na nutrición vexetal os elementos nutritivos primarios xeralmente son os que primeiro expresan a súa baixa concentración no solo polos seus altos niveis de extracción por parte das plantas, mentres que os secundarios son requiridos en pequenas cantidades e a súa deficiencia non é tan evidente pero si moi importante.
Un factor decisivo que afecta á dispoñibilidade de nutrientes é o pH.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Departamento de Edafoloxía e Química vexetal da Universidade de Granada (en castelán)
- Páxina do Departamento de Bioloxía e Produción Vexetal da Universidade de Extremadura Arquivado 24 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ "macronutriente". TERGAL. Consultado o 20/05/2019.