Mehmet Okur
Posición | Pivote / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 26 de maio de 1979 (45 anos) Yalova |
Nacionalidade | Turquía |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 117 kg (259 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2001 / Rolda: 2 / Elección: 36 Por Detroit Pistons |
Carreira | 1997–2011 |
Historial de equipos | |
Oyak Renault (1997-1998) Tofaş (1998-2000) Anadolu Efes (2000-2002) Detroit Pistons (2002-2004) Utah Jazz (2004-2011) Türk Telekom (2011) New Jersey Nets (2011-2012) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión da NBA (2004) 1× NBA All-Star (2007) |
Mehmet Murat Okur, nado o 26 de maio de 1979 en Yalova, é un ex xogador turco de baloncesto profesional.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]NBA
[editar | editar a fonte]Okur foi seleccionado na 37ª posición do Draft da NBA polos Detroit Pistons.[1] Xogou dúas tempadas en Detroit, onde gañou un campionato da NBA na tempada 2003-04, e converteuse no primeiro xogador turco en gañar a NBA.
Debido ás limitacións salariais dos Pistons, non puideron ofrecerlle un bo contrato, e asinou cos Utah Jazz un contrato por cinco anos. Xogou os 82 partidos nas dúas primeiras tempadas cos Jazz, e na terceira, seguiu sendo unha peza moi importante do equipo de Utah. O 12 de xaneiro de 2009, conseguiu a maior anotación da súa carreira, ó anotar 43 puntos contra os Indiana Pacers.
O 22 de decembro de 2011, Okur foi traspasado aos New Jersey Nets a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2015.[2]
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Shawne Williams e unha elección de primeira rolda do Draft a cambio de Gerald Wallace.[3] Foi cortado por Portland o 21 de marzo de 2012.[4]
Turquía
[editar | editar a fonte]En setembro de 2011, asinou un contrato co Türk Telekom B.K.. Dito contrato tiña unha cláusula que lle permitía volver á NBA unha vez rematara o lockout de 2011.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Draft Profile: Mehmet Okur Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 18 de febreiro de 2007
- ↑ "NETS Acquire Mehmet Okur". NBA.com. 2011-12-22. Consultado o 2011-12-23.
- ↑ "Nets Get Wallace From Blazers". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ "Trail Blazers Claim JJ Hickson Off Waivers". NBA.com. 2012-03-21. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 2012-03-22.
- ↑ "Utah Jazz: Mehmet Okur signs with Turkish team". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2011. Consultado o 25 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1979
- Nados en Turquía
- Pivotes de baloncesto
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto de Turquía
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons
- Xogadores do Tofaş SK
- Xogadores do Anadolu Efes SK
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Utah Jazz
- Xogadores do Türk Telekom BK
- Xogadores dos New Jersey Nets