Mirmecobíidos
Mirmecobíidos Myrmecobiidae | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Myrmecobius fasciatus | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Myrmecobius fasciatus Waterhouse, 1836 | |||||||||||||||||||||||||
Distribución de Myrmecobius fasciatus (verde) e lugares onde se reintroduciu (rosa)
| |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
A dos mirmecobíidos (Myrmecobiidae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos, unha das tres recoñecidas dentro da orde dos dasiuromorfos.[2][3]
Esta familia conta cun só xénero, Myrmecobius, cunha única especie, Myrmecobius fasciatus,[2][3] antano difundida en todo o sur de Australia, pero que hoxe se encontra só nalgunhas zonas remotas do suroeste australiano, onde sobrevive en varias pequenas colonias. A súa diminución nos últimos tempos debeuse á destrución do seu hábitat e á depredación de animais introducidos polo ser humano en Australia, de tal xeito que hoxe se encontra en perigo de extinción.[1]
A especie é un emblema de Australia Occidental, e está protexida por programas de conservación.
Debido aos seus hábitos alimentarios (a súa dieta consiste exclusivamente en térmites), coñécese na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de mirmecobio, formigueiro marsupial ou numbat (un dos seus nomes en inglés).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Tanto a familia como o xénero e a especie foron descritos polo naturalista inglés George Robert Waterhouse. A familia en 1841, nun traballo publicado en Nat. Hist. Marsup. or Pouched Animals (Naturalist's Libr.), 10: 60.[3]. O xénero e a especie en 1836, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1836: 69.[4][5]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]- Familia
O nome da familia, Myrmecobiidae, formouse, como é a norma, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Myrmecobius, coa adición da desinencia do latín científico -ĭdae, propia dos nomes das familias de animais.
- Xénero
O nome do xénero, Myrmecobius, está formado polos elementos do latín científico mirmeco-, tirado do grego antigo μύρμηκος mýrmēkos, xenitivo de μύρμηξ mýrmēx, 'formiga', e -bius, derivado do grego antigo βίος bíos, 'vida'. Literalmente, 'os que viven das formigas'.
- Especie
O epíteto específico, fasciatūs, é o participio do verbo fasciō, derivado de fascia, 'venda', 'vendaxe', pero tamén 'franxa', 'banda', 'tira'. É dicir, que significa 'con franxas', 'con bandas'.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Como quedou dito, a especie Mirmecobius fasciatus é a única da familia. Nela recoñécense dúas subespecies:[5]
Familia Myrmecobiidae Waterhouse, 1841
- Xénero Myrmecobius Waterhouse, 1836
- Myrmecobius fasciatus Waterhouse, 1836
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Primeiro plano
(Zoo de Perth) -
Femia de numbat
(Zoo de Perth) -
Myrmecobius fasciatus taxidermizado. Göteborgs Naturhistoriska Museum
-
Lámina de Myrmecobius fasciatus de W. Dickes (1840)
-
Lámina de banded anteater de R. Lydekker (1896)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Friend, T. & Burbidge, A. (2008): Myrmecobius fasciatus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
- ↑ 2,0 2,1 Myrmecobiidae no ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Myrmecobiidae en MSW.
- ↑ Myrmecobius en MSW.
- ↑ 5,0 5,1 Myrmecobius fasciatus en MSW.
- ↑ Myrmecobius fasciatus fasciatus en MSW.
- ↑ Myrmecobius fasciatus rufus en MSW.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mirmecobíidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mirmecobíidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Dasyuromorphia en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Myrmecobiidae na ADW. Con ampla información e bibliografía (en inglés).
- Myrmecobiidae na EOL. Con numerosas imaxes.
- Myrmecobius fasciatus na ADW. Con amplísimas información e bibliografía (en inglés).
- Myrmecobius fasciatus na EOL. Con información e numerosa imaxes (en inglés).
- Myrmecobiidae no NCBI.