A National Rugby League é a principal liga profesional de rugby league en Australia. O campionato está composto por 16 equipos, 15 deles australianos e un de Nova Zelandia. A liga foi creada en 1998 despois dunha guerra entre os clubs que formaban a anterior liga profesional.
A NRL está considerada como a liga de rugby league máis importante do mundo, a súa gran final é un dos eventos máis importantes na cultura popular do país, e o gañador do torneo acada o dereito a loitar polo título mundial (World Club Challenge) fronte ó campión do torneo Super League que se disputa en Europa.