No Doubt (álbum)
No Doubt | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de No Doubt | ||||
Publicado | 17 de marzo de 1992 | |||
Gravación | 1990 - 1992 | |||
Duración | 46:08 | |||
Xénero(s) | New Wave, ska punk, pop | |||
Selo(s) | Interscope Records | |||
Produtor | Dito Godwin, No Doubt | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
No Doubt é un álbum de estrea da banda estadounidense de ska punk No Doubt, publicado o 17 de marzo de 1992 a través do selo Interscope Records. Orixinalmente foi gravado como unha edición independente, pero regravouse despois de que o grupo asinase con Interscope.
O disco foi lanzado durante un período no cal Estados Unidos estaba centrado principalmente na música grunge, un xénero dominado pola angustia que era case todo o contrario ao son optimista e comercial de No Doubt. A pesar das xiras, o álbum non funcionou tan ben como esperaba a discográfica, vendendo só 30.000 copias. O selo rexeitou financiar a publicación dun sinxelo do álbum, polo que No Doubt editou independentemente o seu único sinxelo, "Trapped in a Box". A banda entón rompeu con Interscope e editou independentemente o álbum The Beacon Street Collection en 1995. Este traballo comportouse mellor comercialmente, vendendo unhas 100.000, polo que Interscope financiaría o seu terceiro disco, Tragic Kingdom.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "BND" | Eric Stefani, Tony Kanal | 0:45 |
2. | "Let's Get Back" | Gwen Stefani, E. Stefani, Kanal, Tom Dumont | 4:11 |
3. | "Ache" | E. Stefani | 3:48 |
4. | "Get on the Ball" | E. Stefani, G. Stefani | 3:32 |
5. | "Move On" | E. Stefani, Kanal, Dumont, G. Stefani, Adrian Young | 3:55 |
6. | "Sad for Me" | E. Stefani, G. Stefani | 1:59 |
7. | "Doormat" | E. Stefani, Kanal, G. Stefani | 2:26 |
8. | "Big City Train" | E. Stefani, Kanal, G. Stefani, Dumont | 3:56 |
9. | "Trapped in a Box" | E. Stefani, Dumont, G. Stefani, Kanal | 3:24 |
10. | "Sometimes" | Dumont, G. Stefani, E. Stefani, Kanal | 4:29 |
11. | "Sinking" | E. Stefani | 3:20 |
12. | "A Little Something Refreshing" | E. Stefani | 1:18 |
13. | "Paulina" | E. Stefani, Gabriel Gonzalez II, Chris Leal | 2:30 |
14. | "Brand New Day" | E. Stefani, Kanal | 3:15 |