Navalla (molusco)
- Artigo principal: Solenoideos.
Navalla Ensis ensis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Ensis ensis (Linnaeus, 1758) [1] | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A navalla,[2] Ensis ensis, é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.
A especie foi definida en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Solen ensis.[3] Posteriormente reclasificouse no xénero Ensis.
É comestíbel e moi apreciada gastronomicamente.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten unha cuncha alongada, algo curvada (máis do que na especie Ensis arcuata) coas valvas simétricas, de até uns 15 cm de lonxitude.[4]
Distribución
[editar | editar a fonte]Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.[4]
É unha especie moi común no océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o noroeste de África (Marrocos), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo.[1]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, especialmente desde a ría de Muros e Noia até a desembocadura do Miño, aínda que é pouco abundante.
Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla, longueirón e caramelo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 [1] no WoRMS.
- ↑ navall Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 2ª acp., no dicoinario da RAG.
- ↑ Linnaeus, C. (1758): Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiae. (Laurentii Salvii).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Roldán e Otero (1996), p. 239.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Navalla |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Navalla |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ardovini, R. & Cossignani, T. (2004): West African seashells (including Azores, Madeira and Canary Is.) = Conchiglie dell'Africa Occidentale (incluse Azzorre, Madeira e Canarie). English-Italian edition. L'Informatore Piceno: Ancona, Italy. ISBN 88-86070-11-X.
- Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0.
- Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 5.
- Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ensis ensis en ARKive. (en inglés)