[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Nafas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nafas
Ficha técnica
Título orixinal‎نفس
DirectorNarges Abyar
ProdutorMohammad Hosein Gashemi
Abouzar Pourmohammadi
GuiónNarges Abyar
IntérpretesMehran Ahmadi
Pantea Panahiha
Gelareh Abbasi
Shabnam Moghaddami
Jamshid Hashempour
Sareh Nour Mousavi
MúsicaMassoud Sakhavatdoost
FotografíaSaed Nikzat
MontaxeSajjad Pahlevanzadeh
Estrea1 de febreiro de 2016
Duración112 minutos
Orixe Irán
Na rede
IMDB: tt6272704 Filmaffinity: 949922 Editar o valor en Wikidata

Nafas (en persa: نفس) é un filme iraniano de 2016 dirixido por Narges Abyar. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]

A pequena Bahar vive unha vida feita a partir do folclore e das historias, sempre coa cabeza nun libro. Pero crecendo en Yazd nos anos 70 e 80, atópase no centro dun país en convulsión: o Shah é derrocado, o aiatolá Jomeini ascende ao poder e comezan os primeiros disparos dunha amarga e prolongada guerra con Iraq. Ao longo de varios anos, Bahar descobre que soñar esperta no seu propio mundo de fantasía é a única forma en que pode dar sentido á dor e ao sufrimento.[2]

  1. "Iran Selects 'Breath' as Official Submission to Academy Awards". IFP News. 19 de setembro de 2017. Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  2. "Asia Pacific Screen Awards » Nafas". www.asiapacificscreenacademy.com. Consultado o 19 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]