[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Solen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo principal: Solenoideos.

Solen é un xénero de moluscos bivalvos da orde dos veneroides, que é o tipo da familia dos solénidos.

Características

[editar | editar a fonte]

Son bivalvos que viven nas costas, na franxa infralitoral, en praias de areas un pouco lamacentas, aínda que tamén se rexistraron individuos illados até os 60 m de profundidade.

Os adultos teñen a cuncha alongada, recta, coas valvas siméticas e perióstraco delgado, de entre 11 e 20 cm de lonxitude segundo as especies.

Son comestíbeis. O xénero Solen pertence ao grupo de mariscos coñecidos popularmente co nome de navallas ou longueiróns.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero Solen foi descrito en 1758 por Carolus Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae, publicada en Estocolmo.[2]

Comprende as seguintes especies:[1]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

De todas estas especies en Galicia só aparece citada Solen marginatus Pulteney, 1799, que se encontra en toda a costa, aínda que é pouco abundante.[3]

  1. 1,0 1,1 Solen Linnaeus, 1758 no WoRMS.
  2. Caroli Linnæi: Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.) Ver en liña.
  3. Rolán e Otero (1996), p. 238.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Coan E. V. & Valentich-Scott P. (2012): Bivalve seashells of tropical West America. Marine bivalve mollusks from Baja California to northern Peru. 2 vols. Santa Barbara, California: Santa Barbara Museum of Natural History. Resumo.
  • Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0.
  • Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publ. de la Universidad de Sevilla, 5.
  • Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]