Severo Paramés Ubeira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | século XX valor descoñecido |
Alcalde das Neves | |
1912 – 1917 ← Manuel García Golmar | |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
Familia | |
Irmáns | Antonio Paramés Ubeira |
Severo Paramés Ubeira foi un comerciante e político galego
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xenro de Manuel García Golmar, sucedeuno como alcalde das Neves en xaneiro de 1912.[1] Permaneceu no cargo até 1917. Presentouse como candidato monárquico ás eleccións do 31 de maio de 1931, pero non resultou elixido.[2] Na II República foi elixido xefe de Acción Popular do distrito das Neves en febreiro de 1936.[3] No franquismo foi fiscal municipal das Neves.
Predecesor: Manuel García Golmar |
Alcalde das Neves 1912 - 1917 |
Sucesor: - |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Herminia García Durán, filla de Juan Manuel García Golmar, e foi pai de Catalina e María Araceli Paramés García.