Secundino Rodríguez Eiras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1905 O Carril, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Outros nomes | Cotexo |
Actividade | |
Ocupación | maquis, fogueiro |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Irmáns | José María Rodríguez Eiras |
Secundino Rodríguez Eiras, Cotexo, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 8 de setembro de 1905, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fogueiro. Pertencía ao Sindicato da Industria Pesqueira do Carril adscrito á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse nos montes de Vilagarcía. En xullo de 1937 foi arrestado na Coruña. Xulgado en consello de guerra por rebelión con Luís Costa García e Lino Carrión o 9 de outubro,[1] foi condenado a pena de morte. A pena foi conmutada por cadea perpetua. Posto en liberdade condicional en 1938, foi arrestado novamente en 1942. Cumpriu condena na Prisión Central Santa Isabel de Santiago de Compostela, de onde saíu en liberdade provisional en xullo de 1943.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1943.[3] Integrouse na CNT de Vilagarcía e foi arrestado co seu irmán José María en marzo de 1947. Xulgado en consello de guerra en Vigo en 1948, foi condenado a tres anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Segovia, de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1949.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 10-10-1937, p. 10.
- ↑ BOE, 23-8-1943, p. 8190.
- ↑ BOE, 29-9-1943, p. 3409.
- ↑ BOE, 6-9-1949, p. 3878.