Selma Barkham
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1927 Londres, Reino Unido |
Morte | 3 de maio de 2020 (93 anos) Chichester, Reino Unido (pt) |
Educación | Universidade de Londres |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafa, historiadora |
Membro de | |
Familia | |
Parentes | Aldous Huxley Julian Huxley Thomas Henry Huxley, bisavó Henri-Gustave Joly de Lotbinière, bisavó |
Premios | |
Selma Huxley, tamén coñecida como Selma Barkham ou Selma Barkham Huxley, nada en Londres o 8 de marzo de 1927 e finada en Chichester o 3 de maio de 2020,[1] foi unha historiadora canadense de protagonismo internacional nos campos da historia marítima do País Vasco e do Canadá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As súas investigacións permitíronlle reconstruír un capítulo pouco coñecido da historia de Canadá e do País Vasco: o bacallau vasco e as pesqueiras de baleas na Terra Nova, sobre todo no século XVI.[2] Descubriu a existencia dunha industria baleeira vasca no século XVI en Labrador, os seus portos baleeiros, os restos arqueolóxicos das súas bases, así como a presenza de galeóns vascos afundidos neses portos, entre eles o San Juan (1565).
Distincións
[editar | editar a fonte]En 1981 o Goberno do Canadá concedeulle a Orde do Canadá, o seu máximo galardón civil, polo seu traballo pioneiro e por ter realizado "unha das contribucións máis brillantes, nos últimos anos, á historia desta nación".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece Selma Huxley, gran investigadora de los balleneros vascos". 4 de maio de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ "El caso de Selma Huxley | Vidas científicas" (en castelán). 13 de marzo de 2018. Consultado o 16 de abril de 2019.