Sergio Vallejo
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Sergio Vallejo Folgueira 8 de xaneiro de 1967 (57 anos) Meira, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Deporte | rally |
Participou en | |
2009, 2014 | Campionato de España de Rallys (1º) |
Familia | |
Irmáns | Diego Vallejo |
Parentes | Paulino Francisco Novo Folgueira, curmán entregue |
Páxina web | vallejoracing.com |
Sergio Vallejo Folgueira, nado en Meira o 8 de xaneiro de 1967, é un piloto galego de rallys.
É un dos pilotos máis destacados da historia do Campionato de España de Rallys, no que compite dende finais dos anos 80 e do que se proclamou dúas veces campión (en 2009 e 2014) e tres veces subcampión (2003, 2008 e 2012), e no que logrou 24 vitorias. É o piloto con máis rallys disputados no campionato (253), o terceiro que máis veces subiu ao podio (78), só superado por Chus Puras e Miguel Fuster, o segundo con máis scratchs (253) e o terceiro con máis puntos acumulados (6.340), superado neste último rexistro por Puras e Luis Monzón.[1][2] Competiu ademais no Campionato de Galicia de Rally, logrando varias vitorias, e no Campionato de España de Rallys de Terra.
Alcumado "o lobo de Meira", disputou en total máis de 350 rallys en 36 anos de carreira, dende o seu debut cun Seat Panda 45 no Rally de Noia de 1985, tendo como copiloto na maioría deles ao seu irmán Diego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios en competición (1985-1989)
[editar | editar a fonte]Debutou no mundo dos rallys con 18 anos, só dous meses despois de obter o carné de conducir.[3] Foi no Rally de Noia de 1985 cun Seat Panda e con Raúl Rego como copiloto, encadrado dentro da Copa Panda do Campionato de Galicia de Rally, que disputou ese ano e os dous seguintes.[4][5][3] Durante eses anos tivo varios copilotos máis, entre eles o seu curmán Paulino Novo.[6] Con Novo e co Panda rematou 10º en abril de 1988 no 1º Rally de Narón, pertencente ao campionato galego de terra.[7] Ese mesmo mes estreou en Noia un Peugeot 309 GTI 8V do grupo N, co que disputou varios rallys ese ano, tanto do campionato galego, como do Campionato de España e da Copa de España. Conseguiu o noveno posto xeral no Rally Rías Baixas e no Rally San Froilán e o sexto no Rally CIdade de Cristal. Repetiu co mesmo coche ao ano seguinte, no que disputou xa varios rallys co seu irmán Diego, que sería o seu copiloto principal o resto da súa carreira. Con el logrou o quinto posto ese ano no Cidade de Cristal, da Copa de España, tras un duelo nocturno con Peitos.[8]
Desafío Peugeot (1990-1994)
[editar | editar a fonte]En 1990 comezou a correr cun Peugeot 205 GTI, co que rematou quinto no grupo N do Campionato de España e cuarto no Desafío Peugeot.[9] Ademais conseguiu subir ao podio en dous rallys do campionato de Galicia, o Rally Botafumeiro, onde quedou segundo por detrás só de Marc Etchebers,[10] e o Rally de Ferrol, onde acabou terceiro compartindo podio con Germán Castrillón e Manuel Senra.[11] No Rally do Lacón saíuse da pista e levou por diante a varios espectadores, que sufriron lesións de pouca gravidade.[12] Co mesmo vehículo rematou sétimo no Desafío Peugeot nacional de 1991,[13] e subiu ao podio en terceira posición nos rallys do Sil e Ferrol.[14][15] Ademais rematou cuarto no San Froilán.[16] En 1992 volveu correr cun Peugeot 309, este de 16 válvulas, co que rematou quinto ese ano tanto no Grupo N como no Desafío Peugeot nacionais, tendo como mellor resultado o cuarto posto absoluto no 25º Rally de Ourense.[17] Logrou tamén o segundo posto no Rally de Noia, despois dun duro duelo co vencedor final, Germán Castrillón.[18]
Na tempada seguinte mantivo unha gran regularidade no nacional, rematando sétimo na xeral absoluta, quinto do Grupo N e subcampión do Desafío Peugeot, a menos de 20 puntos de Jaime Azcona, despois de lograr seis vitorias dentro deste campionato.[19] En 1994, cun Peugeot 106 Rallye, proclamouse finalmente campión do Desafío Peugeot.[20]
Piloto oficial de Peugeot (1995)
[editar | editar a fonte]En 1995 entrou no equipo oficial de Peugeot, asento ao que accedían os gañadores do Desafío. Clasificouse entre a cuarta e a sexta posición en case todos os rallys que rematou, acabando sexto tanto no Campionato de España como no de Galicia.[21][22]
Época Citroën (1996-1999)
[editar | editar a fonte]En 1996 cambiou o Peugeot por un Citroën ZX 16V, vehículo co que logrou en xullo a súa primeira vitoria absoluta nun rally. Foi no Rally Rías Baixas, na súa sexta participación, onde superou na meta por máis de tres minutos a Alfredo del Águila e por máis de catro a Javier Azcona.[23] Logrou ademais subir ao podio (3º) no Botafumeiro. No Campionato de España rematou sétimo e segundo no Trofeo Citroën, por detrás de Javier Azcona.[24]
En 1997 competiu co ZX a maior parte da tempada e quedou segundo no Rally de Noia, por detrás de Javier Piñeiro, mentres que logrou os seus primeiros podios nacionais, quedando terceiro no Rally Serra Morena e no Rally de Cantabria e segundo no San Froilán, neste caso cun Citroën Saxo VTS. Rematou sexto no nacional e segundo de novo no Trofeo Citroën por detrás outra vez de Azcona.[25] En 1998 comezou a tempada co ZX, cambiando logo a Citroën Saxo Kit Car, co que subiu ao podio en terceira posición no Rally Príncipe de Asturias e no San Froilán. Acabou a tempada como quinto clasificado do nacional.[26]
Correu a tempada 1999 de xeito íntegro co Saxo e con Mario González Tomé como copiloto, debido a que seu irmán estaba disputando o Campionato de España e o Campionato do Mundo con Manuel Muniente. Logoru dous podios no Rally da Coruña (2º) e no Rally de Avilés, e rematou como terceiro clasificado, só por detrás de Chus Puras e Luis Monzón.[27]
Época Fiat (2000-2005)
[editar | editar a fonte]No ano 2000 comezou a correr cun Fiat Punto, modelo co que correría durante os seguintes anos. Con este coche logrou dous podios ese ano e acabou quinto do nacional.[28] En 2001 participou cun Fiat Punto 1600 na primeira edición do Campionato do Mundo de Rally Júnior, chamado entón Campionato S1600, pero varios abandonos fixeron que só puidese puntuar no Rally de San Remo e no Rally de Córsega.[29] Ao mesmo tempo disputou o nacional cun Fiat Punto Kit Car, rematando en sétima posición.[30]
No ano 2002 centrouse no nacional, onde mantivo unha gran regularidade, obtivo dous podios e rematou o campionato como terceiro clasificado da xeral e vencedor da Copa de España de Súper 1600.[31] Ao ano seguinte mellorou os seus resultados, conseguiu tres podios nacionais e rematou como subcampión de España, só por detrás do Saxo de Miguel Ángel Fuster.[32] Correu tamén o Rally San Froilán, do campionato galego, subindo ao podio en terceira posición, superado por Germán Castrillón (1º) e Bamarti (2º).[33]
En 2004 conseguiu cinco podios no Campionato de España (catro terceiros e un segundo) e rematou cuarto na xeral,[34] mentres que en 2005 só puido sumar un podio e ser quinto na xeral.[35] Ademais nesas dúas tempadas disputou tamén o Campionato de España de Rallys de Terra, rematando sétimo en 2005, despois de lograr a vitoria no Rally da Gudiña-Ourense, a súa primeira vitoria a nivel nacional.[36] No Rally San Froilán volveu rematar terceiro, con Pedro Burgo primeiro e Bamarti de novo segundo.[37]
Renault Clio (2006)
[editar | editar a fonte]No 2006 correu cun Renault Clio S1600, obtendo cinco podios no nacional e rematando terceiro por detrás de Dani Solà e Miguel Ángel Fuster.[38] No Rally San Froilán competiu por primeira vez cun Porsche, marca coa que correría durante os seguintes anos logrando os seus maiores éxitos da man do Nupel Rallye Team. Concretamente fíxoo cun Porsche 996 GT3 preparado por Oreca, quedando segundo por detrás de Burgo.[39][40]
Porsche 997 e Nupel Team (2007-2009)
[editar | editar a fonte]No 2007 correu cun Porsche 997 GT3 preparado polo francés Bernard Vara, aproveitando a entrada dos vehículos GT no campionato de España.[40] Tras abandonar na primeira proba do certame nacional, logrou a súa primeira vitoria no segundo, o Rally Illas Canarias, onde superou a Fuster e Chus Puras, aínda que a vitoria absoluta no rally foi para Luis Monzón, que competía só no rexional canario.[41] Catro meses máis tarde logrou a vitoria no Rally de Ferrol, por diante dos Mitsubishi Lancer Evo IX de Víctor Senra e Josep Basols.[42] Quedou segundo no Rally de Ourense e terceiro no Príncipe de Asturias, chegando á última proba, o Rally Costa Brava, con posibilidades de proclamarse campión. Con todo, quedou quinto na cita catalá e rematou terceiro o campionato por detrás de Fuster e Alberto Hevia e primeiro dos GT.[43] En 2008 gañou o Rally Illas Canarias, o Villa de Llanes e o Costa Brava e chegou ao Rally Shalymar na segunda posición, a escasos puntos do líder, Enrique García Ojeda.[44] A vitoria en Madrid foi para Vallejo, pero o segundo posto de Ojeda provocou un empate entre ambos tanto en puntos (106,5) como en vitorias (4), polo que o título decidiuse polo maior número de segundos postos, sendo este para Ojeda, con tres, polos dous de Vallejo.[45] Vallejo gañou de novo o campionato GT.[46] Correu de novo o Rally San Froilán, esta vez cun Lancer Evo VIII rematando de novo segundo por detrás de Burgo.[47]
Campión de España (2009)
[editar | editar a fonte]A tempada 2009 comezou para os irmáns Vallejo, coa vitoria no Rally Comarca da Ulloa, primeira proba do certame galego. A continuación, xa no nacional, sufriron un abandono no Rally La Vila Joiosa por problemas de motor cando ían líderes.[48] Venceron logo no Rally Illas Canarias e sufriron un novo abandono por avaría no Rally de Cantabria.[49][50] A polémica da tempada chegou na cuarta proba, o Rally Rías Baixas, onde Vallejo foi o primeiro en cruzar a liña de meta, despois dun movido rally no que rompeu un palier do seu Porsche despois da cuarta sección e foi empurrado polo coche de Álvaro Muñiz ata o parque pechado situado no IFEVI. Uns días despois a Federación Española de Automobilismo anunciou que descualificaba a Vallejo e Muñiz e concedía a vitoria a Miguel Fuster.[51] Finalmente tras un recurso formulado polo Nupel Rallye Team, foille revocada a exclusión, sendo esta substituída por unha penalización de 30 minutos e 3.000€ de sanción, polo que o seu posto final no rally foi o 33º.[52][53]
Tras as primeiras catro probas Vallejo ocupaba o cuarto lugar da clasificación a case 50 de puntos de Fuster.[54] A continuación logrou a súa primeira e única vitoria no Rally de Ourense, quedou segundo en Ferrol por detrás de Hevia e venceu no Príncipe de Asturias (entre os pilotos do nacional, xa que a vitoria absoluta foi para o checo Jan Kopecký).[55] Despois de abandonar en Llanes obtivo unha vitoria en Serra Morena e un cuarto posto na Costa Brava, resultados que lle bastaron para proclamarse campión de España a falta dunha proba.[56][57] Foi o primeiro galego en gañar o nacional de asfalto. Pechou a tempada coa vitoria no Rally Shalymar, por diante de Xevi Pons, segundo clasificado tamén no campionato.[58] Ademais volveu correr ese ano o San Froilán, esta vez cun Evo X, pero o vencedor foi outra vez Pedro Burgo, con Xevi Pons segundo e Vallejo terceiro.[59]
Ford Fiesta e Lotus (2010-2011)
[editar | editar a fonte]No 2010 cambiou de coche e pasou a montar un Ford Fiesta S2000, co que quedou terceiro en Vila Joiosa e Cantabria e sexto nas Canarias. Tras as tres primeiras probas abandonou o Nupel Team por desacordos con Luis Moya, director deportivo do equipo dende o ano anterior.[60][61][62] Deste xeito Vallejo non disputou o seguinte rally, o Rías Baixas, pero reapareceu cun Peugeot 207 no Rally de Ourense, onde rematou en segunda posición por detrás do seu ex compañeiro de equipo Xevi Pons.[63][64] Con todo, xa non disputou máis probas do nacional ese ano. En outubro gañou finalmente o Rally San Froilán, despois de numerosos intentos dende a súa primeira participación máis de 20 anos antes.[65] Fíxoo con Moncho López como copiloto e sobre un Škoda Octavia WRC Evo2 que lle prestou Roberto Blach, superando por 40 segundos a Iván Ares e por un minuto a Bamarti.[66] Correu tamén o Rally de Galicia Histórico a bordo dun Ford Escort RS 2000 MK1 pero tivo que abandonar por problemas eléctricos.[67]
Iniciou a tempada 2011 conducindo un Lotus Exige S con malos resultados, tendo que abandonar en tres das cinco primeiras carreiras.
Regreso ao Porsche (2011-2015)
[editar | editar a fonte]Na sexta proba, o Rally de Ferrol, estreou un novo Porsche 997 GT3, co que logrou a vitoria por diante de Jonathan Pérez e Alberto Hevia.[68] Logrou dúas vitorias máis esa tempada e rematou como cuarto clasificado do campionato.[69] Quedou ademais segundo no San Froilán, e gañou en decembro en Braga a primeira edición do CAM Rali Festival por diante de Álvaro Muñiz e con Álvaro Louro como copiloto.[70] En febreiro de 2012, de novo con Louro á súa dereita, gañou a segunda edición do CAM Rali Festival.[71] Disputou todas as probas do nacional co Porsche, logrando dúas vitorias (Villa de Llanes e Madrid) e un total de cinco podios, proclamándose subcampión de España por detrás de Miguel Ángel Fuster. Ademais gañou o seu cuarto título da Copa GT.[72] En xullo gañou tamén a primeira edición do Rallysprint Valle de Omaña, na provincia de León, e en decembro a terceira edición do CAM Rali Festival, completando un podio galego Roberto Blach Jr e Manolo Senra.[73]
Comezou 2013 cun terceiro posto no 19º Rally do Cocido, por detrás de Luis Vilariño e Iván Ares, pilotos aos que superou nas outras probas do campionato galego que disputou ese ano, Noia, San Froilán e Ribeira Sacra, logrando a vitoria nas tres.[74][75][76] En canto ao nacional, quedou quinto en Cantabria, gañou o Rías Baixas e quedou segundo no 50º Rally Príncipe de Asturias, mentres que sufriu abandonos en Ourense e Ferrol por picada de rodada.[77][78] No Rally Serra Morena picou de novo unha roda e tras substituíla e rematar a etapa foi penalizado con 20 minutos por non estar verificada a roda. Os irmáns Vallejo, afirmando que o cambio de roda contaba co permiso dos comisarios, continuaron no rally para non defraudar aos afeccionados e tras o último treito retiráronse e abandonaron o campionato, denunciando unha persecución por parte de tres comisarios, entre eles Estrella Castrillón.[79][80] Ademais ese 2013 gañou o Rallysprint Valle de Omaña,[81] o Rally do Bierzo,[82] o Rally Lea Artibai do campionato vasco,[83] e a Subida a Chantada en vehículos carrozados,[84] mentres que quedou segundo no CAM Rali Festival e no Máster de Campións.[85][86]
Bicampión de España (2014)
[editar | editar a fonte]En 2014 fíxose cun novo Porsche 997 (versión de 2010), mentres que a súa antiga unidade (versión de 2008) pasou ás mans de Luis Vilariño. Vallejo iniciou ante a RFEDA os trámites para a homologación do novo vehículo, pero esta foi rexeitaba só uns días antes do inicio do campionato, no Rally Illas Canarias.[87] Vallejo correu igualmente o rally e rematou cuarto tras unha penalización por chegar tarde a un control, pero non sumou ningún punto.[88] Finalmente o coche foi homologado e logrou a súa primeira vitoria na seguinte proba do nacional, o Rally Serra Morena.[89] Gañou a continuación o Rally Rías Baixas por terceira vez e quedou segundo en Ourense, superado por Miguel Ángel Fuster, o seu principal rival durante a tempada. En xullo, tras gañar de novo o Rallysprint Valle de Omaña,[90] logrou dúas vitorias consecutivas no nacional, no Bierzo e en Ferrol, afianzándose no liderado do campionato.[91][92][93]
No Príncipe de Asturias foi segundo por detrás de Fuster, que gañou tamén en Llanes, onde Vallejo sufriu unha saída de pista que lle impediu sumar puntos.[94][95] Na penúltima proba, o Rally de Cantabria, o vencedor foi Fuster, con Vallejo segundo, polo que o piloto de Meira chegou ao Rally Comunidade de Madrid con só medio punto de vantaxe sobre o alacantino.[96][97] Na proba madrileña Fuster tivo un accidente nun dos enlaces, polo que Vallejo se proclamou automaticamente campión de España por segunda vez, xa antes do comezo da segunda etapa.[98][99] Co título no peto foi a pola vitoria no rally, comandado ata entón por Álvaro Muñiz, que corría co Porsche 997 de Pedro Burgo. Superouno no último treito e alzouse coa súa terceira vitoria no rally madrileño.[100] Pechou a tempada cunha nova vitoria no CAM Rali Festival de Braga.
2015
[editar | editar a fonte]En 2015 comezou cun quinto posto no Rally Villa de Adeje, despois de picar unha roda.[101] Uns días despois sufriu un accidente no Rally Illas Canarias, quedando o Porsche gravemente danado.[102] Con todo, foi reparado a tempo para a seguinte proba,[103] onde Vallejo iniciou unha xeira de seis rallys consecutivos subindo ao podio (terceiro no Serra Morena e no Rías Baixas, segundo en Ourense, Ferrol e Princesa de Asturias, e vencedor no Villa de Llanes). Na última proba rompeu un palier e non puido chegar á meta, rematando a tempada como terceiro clasificado do campionato, por detrás de Fuster e Iván Ares.[104][105] Ademais gañou por cuarta vez o Rallysprint Valle de Omaña, por quinta o CAM Rali Festival e quedou terceiro cun Ford Sierra RS Cosworthn na primeira edición do Rally Rías Altas Histórico, por detrás do Peugeot 306 Maxi de Manuel Senra e o Sierra Cosworth de Daniel Alonso.[106][107][108]
Citroën DS3 (2016-2017)
[editar | editar a fonte]Para a tempada 2016, na que a RFEDA obrigou á colocación dunha brida para limitar a potencia dos Porsche 997,[109][110] adquiriu un Citroën DS3 R5, co que afrontou o nacional a partir da terceira cita, obtendo tres cuartos postos e subindo ao podio en terceira posición en Cantabria.[111] A continuación sufriu tres abandonos en Omaña e nos dous rallys asturianos do nacional.[112] Gañou en outubro o seu terceiro Rally San Froilán e obtivo dous segundos postos nas dúas últimas probas do nacional, rematando como cuarto clasificado final e primeiro dos R5.[113]
En 2017 quedou quinto no Rally Serra Morena,[114] o primeiro rally do nacional, e a continuación sufriu un novo accidente no Illas Canarias.[115] Logrou reparar a tempo o coche para o seguinte rally, o Villa de Adeje,[116] pero un problema mecánico provocou o seu abandono e que volvese das illas con cero puntos.[117] Tampouco tivo sorte na seguinte cita, o 50º Rally de Ourense, onde tivo que abandonar de novo por unha avaría na segunda pasada por Esgos.[118][119] Sen opcións xa no campionato disputou só a última cita en Madrid, cun Porsche 997, tendo tamén que abandonar por avaría.[120][121] Fóra do nacional disputou o Rally San Froilán co DS3, rematando quinto, e o Rally de Terra Cidade de Astorga cun Peugeot 208 Proto, chegando cuarto.[122][123]
Nacional de Terra (2018-2019)
[editar | editar a fonte]En 2018 e 2019 disputou co Porsche 997 o Campionato de España de Rallys de Terra, sendo o seu mellor resultado un noveno posto no Rally de Terra Circuíto de Navarra de 2019. Con todo, rematou 2018 como primeiro clasificado entre os vehículos de tracción traseira, e 2019 como segundo na mesma categoría.[124][125] Tras o remate da tempada 2019 puxo o Porsche á venda e anunciou que deixaría de competir profesionalmente.[126]
2020-actualidade
[editar | editar a fonte]En 2020 correu o 53º Rally de Ourense, tendo que retirarse por unha avaría no radiador.[127] No ano 2023 participou no Rally Dakar[128].
Resultados
[editar | editar a fonte]Campionato do Mundo de Rallys
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2001 | Pronto Racing | Fiat Punto S1600 | ESP Des |
GRE Ret |
FIN Ret |
SRM 22 |
COR 19 |
GBR Ret |
- | 0 |
Campionato de España de Rallys
[editar | editar a fonte]Campionato de España de Rallys de Terra
[editar | editar a fonte]Ano | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2004 | Mitsubishi Lancer Evo VIII | SAL | ALC | CAN | MAD | MAD | GRA 12 |
CAS Ret |
SAB 7 |
||
2005 | Mitsubishi Lancer Evo VIII | ALC | CAC | LEO | MAD | MAD | COR | GUD 2 |
GUD 1 |
8º | 57 |
2018 | Porsche 997 GT3 RS 3.8 | LOR 25 |
POZ 14 |
VOL 12 |
TDA 30 |
CER Ret |
NAV 11 |
GRA 10 |
MAD Ret |
16º | 42 |
2019 | Porsche 997 GT3 RS 3.8 | LOR | POZ 15 |
NAV 8 |
TDA Ret |
AST 17 |
VOL Ret |
GRA Ret |
19º | 27 |
Campionato de Galicia de Rally
[editar | editar a fonte]Campionato de Galicia de Rallys de Terra
[editar | editar a fonte]Ano | Vehículo | 1 | 2 | 3 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|
1988 | Seat Panda 45 | NAR 10 |
OUR | CAR |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pilotos con máis rallys no Campionato de España". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ "Pilotos con máis podios no Campionato de España de Rallys". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 H. Cachalvite, Andrés (16 de xuño de 2017). "Sergio Vallejo, más de media vida de pasión por el motor". La Región (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo, retorno y despedida con sonido alemán". revistascratch.com (en castelán). 20 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-19.
- ↑ "Foto 45: Porsche 997 “MY08”. Temporada 2013". Facebook (en castelán). Consultado o 28 de setembro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo: "No anunciaré mi retirada"". Faro de Vigo (en castelán). 29 de maio de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2020.
- ↑ "Clasificación final do Rally de Narón de 1988" (PDF). www.rallyenaron.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2020.
- ↑ "La pugna por la victoria en el Rally Ciudad de Cristal se decidió al final en favor del joven piloto asturiano Daniel Alonso". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xullo de 1989. p. 30.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 1990" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2020.
- ↑ Arévalo, Fernando (2 de xullo de 1990). "Clara victoria del equipo Etchebers-González en el Rally do Botafumeiro, disputado en Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). p. 44.
- ↑ Arévalo, Fernando (3 de decembro de 1990). "Germán y Estrella Castrillón celebraron su título gallego ganando ante su público el Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.
- ↑ "El «Rally do Lacón» respondió a las expectativas de dureza y espectacularidad". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1991. p. 59.
- ↑ "Resultados nacionais de 1991" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2020.
- ↑ "Juan Carlos González «Culebra», de 52 años, se impuso con facilidad en el Rally do Sil, primero del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de abril de 1991. p. 37.
- ↑ Arévalo, Fernando (2 de decembro de 1991). "Los Castrillón, inalcanzables en "su" rally". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.
- ↑ "El Mercedes de Carlos inalcanzable en Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 1991. p. 37.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 1992" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2020.
- ↑ Arévalo, Fernando (26 de abril de 1992). "Castrillón no resolvió hasta el último tramo su dura lucha con Vallejo en el Rally Ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). p. 57.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 1993" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2020.
- ↑ "Oriol Gómez, campeón de España de rallies". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de setembro de 1994. p. 52.
- ↑ "Clasificacións nacionais 1995" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ Villar, Juan (22 de xullo de 1996). "Vallejo dominó el Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 44.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 1996" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 1997" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 1998" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 1999" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 2000" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificación do JWRC 2001". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 2001" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2001" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 2003" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ Abuín, Miguel (19 de outubro de 2003). "Castrillon impone por quinto año seguido su poder en Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 49.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2004" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2005" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo estrena palmarés en el nacional". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de novembro de 2005. p. 43.
- ↑ "Pedro Burgo gana, por segundo año consecutivo, el XXVII Rallye Cidade de Lugo" (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2006" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Pedro Burgo voló en el Rally de Lugo" (en castelán). 18 de novembro de 2006. Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ 40,0 40,1 "Así es el Porsche de Sergio Vallejo" (en castelán). 8 de marzo de 2007. Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Vallejo consiguió su primera victoria" (en castelán). 30 de abril de 2007. Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo se hace con la victoria en un extraño Rally de Ferrol" (en castelán). 26 de agosto de 2007. Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2007" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Gutiérrez, Chiqui (21 de novembro de 2008). "Vallejo inicia la última pugna con Ojeda en el Rali Shalymar". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Nacional asfalto. Victoria para Vallejo y título para Ojeda en el 18 Rallye Shalymar" (en castelán). 25 de novembro de 2008. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2008" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Pedro Burgo se lleva el San Froilán y el título de campeón gallego de ralis". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 2008. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Los Vallejo abandonan en el 19º Rally La Vila Joiosa por problemas de motor" (en castelán). 28 de marzo de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Villarín, Nacho (25 de abril de 2009). "Sergio Vallejo se lleva su tercer triunfo en el Rally Islas Canarias" (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Rally Cantabria-Infinita: LOS VALLEJO ABANDONAN POR AVERÍA" (en castelán). 16 de maio de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "La Federación Española descalifica a Vallejo y concede el triunfo a Fuster". Faro de Vigo (en castelán). 6 de xuño de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "El Nupel Rallye Team ha decidido, tomar parte en el Rallye de Ourense y seguirá interviniendo además en todas la restantes pruebas del Campeonato de España de Rallyes de asfalto y de tierra." (en castelán). 17 de xuño de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificación final do Rally Rías Baixas de 2009". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Polemica en el Rallye Rias Bajas 2009" (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Rally Principe de Asturias 2009". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo, ganador del Nacional de asfalto". Marca (en castelán). 7 de novembro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2009" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Vallejo gana con autoridad el Shalymar". Marca (en castelán). 28 de novembro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Reboredo, Arturo (6 de setembro de 2009). "El lucense Pedro Burgo gana finalmente el Rallye San Froilán". El Progreso (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Reboredo, Arturo (4 de setembro de 2009). "El Nupel incorpora a Luis Moya". El Progreso (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo y Luis Moya rompen vínculos por diferencias" (en castelán). 24 de maio de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Respeto su decisión, pero mientras yo esté aquí Sergio Vallejo no volverá al equipo". El Progreso (en castelán). 26 de maio de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Vallejo confirma el Peugeot 207 S2000 para Ourense" (en castelán). 11 de xuño de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Pons vence un apasionante Rally de Ourense" (en castelán). 19 de xuño de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Victoria en el Rali San Froilán de Sergio Vallejo y Moncho López" (en castelán). 6 de setembro de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Reboredo, Arturo (5 de setembro de 2010). "Vallejo gana su primer Rallye San Froilán". El Progreso (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Reboredo, Arturo (19 de setembro de 2010). "Ferreiro non tivo rival no Rallye de históricos de Melide". El Progreso. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Vallejo estrena coche con título". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de agosto de 2011. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2011" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "El 'Team Vallejo' sigue en racha" (en castelán). 9 de decembro de 2011. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Vallejo empieza la temporada ganando en Braga" (en castelán). 5 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2020. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2012" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Roberto Blach Jr sorprende logrando la segunda plaza en el “CAM Rali Festival”" (en castelán). 19 de decembro de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Reboredo, Arturo (21 de abril de 2013). "15 de outubro de 2020". El Progreso (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ Gutiérrez, Chiqui (6 de outubro de 2013). "Vallejo gana el Ribeira Sacra y Vilariño el título gallego de ralis". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Los Vallejo se llevan un épico Rallye San Froilán" (en castelán). 8 de setembro de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Un pinchazo echa a Sergio Vallejo". El Progreso (en castelán). 16 de xuño de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Victoria de Luis Monzón en el 44 Rallye de Ferrol" (en castelán). 29 de agosto de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo se siente «perseguido» por tres comisarios". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo abandona el Campeonato de España" (en castelán). 20 de octubre de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Vallejo da otra lección en Omaña" (en castelán). 14 de xullo de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Los Vallejo conquistan el Rally del Bierzo" (en castelán). 11 de agosto de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio y Diego Vallejo ganadores del II Rallye Lea Artibai" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ Conde, Luis (29 de xullo de 2013). "La Federación decidirá el ganador de la Subida a Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "João Barros e Ford Fiesta R5 venceram CAM Rali Festival" (en portugués). 8 de decembro de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ S. Rodríguez, Antón (16 de decembro de 2013). "Iván Ares pone la guinda al 2013". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "La RFEdA sí quiso homologar el Porsche de Vallejo" (en castelán). 27 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Auriol y Cruz ganan en Canarias". La Región (en castelán). 31 de marzo de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ Covela, José (14 de maio de 2014). "Los hermanos lucenses Sergio y Diego Vallejo se imponen en el Rally Sierra Morena" (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Vallejo hace triplete en Omaña" (en castelán). 13 de xullo de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Vallejo se impone con claridad en el Rally del Bierzo" (en castelán). 27 de xullo de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Vallejo, más líder que nunca tras El Bierzo" (en castelán). 26 de xullo de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Victoria para Vallejo en el Rallye de Ferrol" (en castelán). 23 de agosto de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Fuster gana y Vallejo sentencia en el Rally Príncipe de Asturias" (en castelán). 16 de setembro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Rallye Villa de Llanes 2014: Fuster gana y Vallejo no puntúa" (en castelán). 28 de setembro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Fuster vence en Cantabria, Vallejo segundo: el título se decidirá en Madrid" (en castelán). 11 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo e Miguel Fuster deixan o título para Madrid". El Progreso. 11 de outubro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo, campión de España de rallies 2014". CRTVG. 1 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2014" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo es campeón en un Rally de Madrid para olvidar" (en castelán). 24 de nvoembro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Triunfo de Miguel Fuster en el Villa de Adeje" (en castelán). 11 de abril de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Vallejo sufre un accidente en el Rallye Islas Canarias" (en castelán). 18 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ Villarín, Nacho (12 de maio de 2015). "Así fue la reconstrucción del Porsche de Vallejo". Marca (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Rallye RACE Comunidad Madrid 2015: Iván Ares gana en su primera participación" (en castelán). 15 de novembro de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2015" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Omaña se rinde un año más a su rally con el dominio de Vallejo" (en castelán). 12 de xullo de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo supera a Pedro Burgo en el CAM Rallye Festival" (en castelán). 15 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificación final Rally Rías Altas de 2015". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Técnica: la brida en los Porsche" (en castelán). 3 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "La RFEdA ‘capa’ a los Porsche" (en castelán). 25 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Cristian García gana el Rally Santander Cantabria" (en castelán). 4 de xuño de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Accidente de Vallejo en Llanes" (en castelán). 24 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2016" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Pedro Burgo e Sergio Vallejo, cuarto e quinto no Rally de Sierra Morena". El Progreso. 18 de marzo de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo sufre un accidente en el Rallye Islas Canarias" (en castelán). 5 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2020. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo: "A nivel moral estoy tocado"" (en castelán). 12 de maio de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Cristian García se anota la segunda victoria del año" (en castelán). 13 de maio de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ Rodríguez, Luis M. (11 de xuño de 2017). "Cristian García repite en Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo: "Estoy hundido"". La Región (en castelán). 11 de xuño de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo se despide del CERA con un 911 GT3 2008 en el Rally de Madrid" (en castelán). 9 de novembro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Pedro Burgo acaba cuarto en el Rallye de Madrid". El Progreso (en castelán). 26 de novembro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Adrían Díaz se crece en la noche y gana el Rallye San Froilán" (en castelán). 29 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Lukyanuk se impone en el Rallye Ciudad de Astorga" (en castelán). 16 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2018" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2019" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo dice adiós a los rallyes de "forma profesional"". El Progreso (en castelán). 10 de decembro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Pepe López conquista de nuevo el rali de Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xullo de 2020. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ Enrique Naranjo (6 de xaneiro de 2023). "Un campeón al servicio de Laia Sanz". Marca (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sergio Vallejo |