Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Portsmouth Football Club é un equipo de fútbol profesional da cidade de Portsmouth, Inglaterra. Xoga os seus partidos coma local no Fratton Park dende a fundación do club en 1898. Actualmente compite na Football League One.
O Portsmouth tivo un grande éxito a mediados dos anos 2000, cando conseguiu gañar a FA Cup na tempada 2007-08, ó vencer por 1-0 na final ó Cardiff City. Durante este período, o tivo un gran número de xogadores internacionais, coma Glen Johnson, Jermain Defoe, Peter Crouch ou Sol Campbell. Porén, os problemas financeiros levaron pronto ó Portsmouth ó descenso ó Football League Championship en 2010, e á Football League One dous anos máis tarde, sendo a primeira vez que xogan no terceiro nivel do fútbol inglés dende os anos 80.
Actualizado a 12 de marzo de 2020.[1]
|
---|
Equipos 2022/23 | |
---|
Tempadas | |
---|
Antigos equipos | |
---|
Premios e estatísticas | |
---|
Competicións inglesas | |
---|