Parque Nacional Muddus
(smj) Muttos suoddjimpárka (sv) Muddus nationalpark | ||||
Tipo | Parque nacional | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Área da Lapónia (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Gällivare (municipio), Suecia e Jokkmokk (municipio), Suecia | |||
Localización | Condado de Norrbotten | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 51.136,95 ha bosque: 21.505,222 ha terra: 49.312,64 ha corpo de auga: 1.824,216 ha | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 907 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 21 de abril de 1942 | |||
Actividade | ||||
Operador | Norrbotten County Administrative Board (en) Laponiatjuottjudus (en) | |||
Páxina web | sverigesnationalparker.se… | |||
O Parque nacional Muddus atópase no norte de Suecia, na rexión de Norrbotterns Län.
Características
[editar | editar a fonte]O hábitat predominante é a Taiga boreal. Existen zonas de bosque antigo moi ben conservadas. Nelas habitan importantes poboacións de alce e de pita do monte. O parque foi creado en 1942 e protexe unha superficie de 49.300 hectáreas.
Vexetación e fauna
[editar | editar a fonte]Ademais das especies arbóreas típicas deste ambiente coma o bidueiro pubescente (subespecie tortuosa) e o piñeiro rubio, tamén atopamos o álamo tremo e o salgueiro cinsento. O estrato arbustivo tamén é importante, con diversas especies de liques e fentos. Ademais do alce, tamén se atopa o lince común e o oso pardo.Importante presenza de aves de presa, coma a avelaiona dos Urais, a curuxa gabián e o moucho de Tengmalm. Ademais o cisne bravo tamén cría no parque.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional Muddus |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial do parque (en inglés).