Pedro Feijoo López
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | século XX valor descoñecido |
Alcalde de Monforte de Lemos | |
1904 – 1908 ← Emilio Mazaira Beltrán | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Pedro Feijoo López foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos por Real Orde en setembro de 1904.[1] Permaneceu no cargo ata 1908, cando o deixou ao ser elixido deputado provincial por Monforte-Quiroga. Chegou a ser vicepresidente da Deputación de Lugo en 1922. Foi elixido presidente do Bloque Nacional de Monforte en decembro de 1935.[2]
Predecesor: Emilio Mazaira Beltrán |
Alcalde de Monforte de Lemos 1904 - 1908 |
Sucesor: Ramón Sánchez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ubalda García Fernández, filla de Emilio García Rodríguez, e foi pai de Pedro Feijoo García, María Isabel Feijoo García, que casou en Ourense con Cesáreo Rey Baltar en 1922,[3] e María Dolores Feijoo García, que casou no pazo de Pallares con Ernesto Baltar Santaló o 19 de marzo de 1939.[4]