[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Phalanger orientalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Phalanger orientalis
Cuscús gris

Ilustración de P. orientalis de J. Wolf (1858)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Diprotodontia
Suborde: Phalangeriformes
Familia: Phalangeridae
Subfamilia: Phalangerinae
Tribo: Phalangerini
Xénero: Phalanger
Especie: P. orientalis
Nome binomial
Phalanger orientalis
(Pallas, 1766)
Área de distribución de Phalanger orientalis. En azul escuro: nativo, en vermello: introducido, en gris escuro: orixe incerta.
Área de distribución de Phalanger orientalis.
En azul escuro: nativo, en vermello: introducido,
en gris escuro: orixe incerta.

Área de distribución de Phalanger orientalis.
En azul escuro: nativo, en vermello: introducido,
en gris escuro: orixe incerta.

Phalanger orientalis é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, familia dos falanxéridos, subfamilia dos falanxerinos e tribo do mesmo nome,[2], que é a especie tipo do xénero Phalanger, e que se coñece na bibliografía internacional como cuscús gris.[3][4]

Nativa do norte de Nova Guinea e illas menores adxacentes, agora tamén se encontra no arquipélago Bismarck, nas Molucas centrais e surorientais, nas illas Salomón e Timor, onde se cre que foi introducida en tempos prehistóricos.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1766 polo médico e naturalista alemán Peter Simon Pallas, en Misc. Zool.: 61.[2] designándoa co nome de Didelphis orientalis.

Anteriormente foi considerada conespecífica coa alopátrica Phalanger intercastellanus e con P. mimicus e P. lullulae.[2]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

O MSW recoñece as dúas subespecies seguintes:[2]

  • Phalanger orientalis orientalis
  • Phalanger orientalis breviceps

Porén, o NCBI só recoñece a segunda.[5]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

O cuscús gris habita normalmente en hábitats perturbados, como xardíns, plantacións e bosques secundarios. Porén, esta especie tamén se pode encontrar en bosques primarios tropicais.[1]

Cando vivía en ambientes arbóreos, os cazadores da zona cren que os ocos das árbores eran o seu agocho preferido.[6]

En canto á súa área de dispersión, o cuscús gris encóntrase nas illas de Timor, tanto na parte pertencente a Indonesia como en Timor Oriental, nas de Wetar e Leti (ambas en Indonesia), nas illas Kai e numerosas illas das Molucas de Indonesia (incluíndo Ambon, Buru e Seram), tamén nas illas de Misool, Waigeo, Batanta e Salawati (todas de Indonesia) e se estende sobre gran parte da zona norte da illa de Nova Guinea, tanto na parte que pertence a Indonesia como en Papúa Nova Guinea, incluíndo numerosas pequenas illas.[1]

Crese que moitas das poboacións son o resultado de introducións prehistóricas, posibelmente incluíndo as de Timor, Seram, Buru, Sanana, as illas Kai, as do arquipélago Bismarck e a caena das illas Salomón.[1]

Os poboadores locais das rexións e países mencionados informaron que o cuscús gris pode encontrarse nas áreas boscosas especialmente nas selvas do Monzón costeiro e nos bosques galería remanentes da pluvisilva tropical.[6]

O nicho ecolóxico do cuscús gris é probabelmente o dun folívoro arborícola nocturno, con tendencias fruxívoras.[7][8][9]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

En 1965, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) consideraba o status da especie como pouco coñecido, necesitándose máis datos. En 1966 cualificouna como LR (pouco risco) e, desde o 2008, cualifícaa como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla área de distribución, a súa poboación grande e estábel, a que vive en varias áreas protexidas, á súa tolerancia ás zonas degradadas e á falta de grandes ameazas.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Leary, T., Singadan, R., Menzies, J., Helgen, K., Wright, D., Allison, A., Hamilton, S., Salas, L. & Dickman, C. (2008): Phalanger orientalis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 20-05-2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Phalanger orientalis en MSW
  3. Groves, Colin (2005), en Wilson, D. E. & Reeder, D. M, eds. Mammal Species of the World, 3ª edición. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4, p. 47.
  4. Murray Wrobel, ed. Elsevier's Dictionary of Mammals.
  5. Phalanger orientalis no NCBI.
  6. 6,0 6,1 T. E. Heinsohn, Department of Archaeology and Natural History, Research School of Pacific and Asian Studies, Australian National University, ACT 0200, Australia. Manuscrito recibido o 1 de setembro de 2004; aceptedo o 23 de outubro de 2004.
  7. Flannery, T. F. (1994): Possums of the world: a monograph of the Phalangeroidea. GeoProductions / Australian Museum: Sydney.
  8. Flannery, T. F. (1995): Mammals of New Guinea. Australian Museum / Reed Books: Sydney.
  9. Flannery, T. F. (1995): Mammals of the south-west Pacific and Moluccan Islands. Australian Museum / Reed Books: Sydney.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]