[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Ronda de Don Bosco (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronda de Don Bosco
Localización
LocalidadeVigo

A ronda de don Don Bosco é unha vía urbana da cidade de Vigo. Trátase dunha vía con tráfico rodado en un só sentido, descendente. Comeza á altura do Concello de Vigo, saíndo da rúa Cachamuíña, e finaliza confluíndo coas rúas Urzaiz e Príncipe. Durante o traxecto en forma de curva moi pronunciada, conflúe con varias rúas, como o paseo de Granada, os canellóns de Salesianos e de Núñez, as rúas de Granada, Pracer, Enrique Blein Budiño, María Auxiliadora, Taboada Leal, Eduardo Iglesias, Velázquez Moreno, Joaquín Loriga, Progreso, María Berdiales, Londres e Gil.

Recibe o nome de ronda de Don Bosco na honra de Xoán Bosco, relixioso italiano da orde dos salesianos.[1] Na rolda atópase unha escultura de pedra a el dedicada, obra de Camilo Nogueira. Creouse en 1966 por iniciativa da asociación de antigos alumnos de Salesianos na igrexa de María Auxiliadora, se ben en 2021 se trasladou ao lugar actual.

Humanización

[editar | editar a fonte]

En decembro de 2020 a rolda comezou a súa humanización coa creación dunha praza peonil no tramo comprendido entre ás rúas María Auxiliadora e Pracer. Nas obras, talláronse as tres árbores que ocupaban aquel espazo, o que xerou non poucas críticas entre a poboación.[2] A humanización orzamentouse por 1,5 millóns de euros.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]