Relapse Records
Relapse Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1990 |
Organización subsidiaria | Release Entertainment |
Sede | Filadelfia |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.relapse.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Relapse Records é un selo discográfico independente dos Estados Unidos baseado en Upper Darby, Pensilvania. Foi fundado no ano 1990 por Matthew F. Jacobson e conta con moitos artistas de grindcore, death metal e sludge metal.
Historia
[editar | editar a fonte]O selo foi creado por Matthew F. Jacobson no mes de agosto de 1990 no soto da casa dos seus pais en Aurora, Colorado. Os primeiros dous lanzamentos da discográfica foron sinxelos de 7 polgadas das bandas Velcro Overdose e Face of Decline, seguidos pouco despois por tres bandas de death metal que estarían entre as máis grandes do selo, Deceased, Suffocation e Incantation.
Despois diso, Jacobson familiarizouse con William Yurkiewicz Jr., que se converteu no seu socio no selo. Yurkiewicz fundara a súa propia discográfica, que pronto lanzaría álbums das bandas General Surgery, Disrupt, Destroy, Misery e a propia banda de Yurkiewicz, Exit-13. Os dous uniron as súas forzas para crear Relapse Records, co obxectivo de liberar música extrema de alta calidade embalada profesionalmente.
En 1991 o selo moveu a súa sede a Millersville, Pensilvania. En 1992 o selo ampliou o seu alcance coa creación da súa filial Release Entertainment, especializada en música experimental, ambient, industrial e noise. Cun crecemento continuado comezou a vender por correo e polo miúdo converténdose ao pouco tempo no maior centro de distribución underground de heavy metal dos Estados Unidos. O servizo de pedidos por correo transportaba unha gran variedade de gravacións e mercadotecnia de música extrema, ademais de publicacións de todo o mundo.
Ao longo dos anos Relapse continuou medrando e asinou contratos con artistas máis influentes dun espectro máis amplo de xéneros. En 1996 Relapse desvelou a Resound Music Resource Guide. Resound brindou aos fans un acceso directo á lista de artistas do selo a través de entrevistas e recensións, ademais de formar parte do catálogo de pedidos por correo.
En 1998 Relapse abriu unha oficina de promocións en Berlín, ademais de conseguir un acordo de distribución en Alemaña. No ano 2003, Relapse organizou un festival de música, o Relapse Contamination Festival, que tivo lugar os días 18 e 19 de xaneiro no Trocadero Theatre de Filadelfia, Pensilvania e contou con varios artistas do selo. No ano 2000 Relapse mudouse a Upper Darby, ás aforas de Filadelfia, e comezou a pensar en abrir unha tenda física. En xuño de 2001 o selo inaugurou a súa primeiros tenda de discos en Filadelfia.
En 2010 Relapse anunciou que chegara a un acordo co avogado de propiedade intelectual Eric Greif e Perseverance Holdings Ltd. para tomar o control do catálogo de Chuck Schuldiner e dos nomes de Death e Control Denied a nivel internacional. O sexto álbum de estudio de Death, Symbolic (1995), foi excluído do acordo xa que os dereitos sobre ese disco os mantén Roadrunner Records.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sciarretto, Amy. "Classic Death, Control Denied Albums Being Reissued by Relapse". Noisecreep (en inglés). Consultado o 2019-11-16.