Wikipedia:Redireccións
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 23/10/2015 ata o 22/11/2015. |
Esta páxina en resumo: As redireccións axudan na navegación e procuras permitindo chegar a unha páxina por medio dun título alternativo. |
Unha redirección é unha páxina que non ten contido por si mesma, senón que dirixe ao lector cara outro artigo ou sección doutro artigo. As páxinas de redireccións conteñen o texto wiki #REDIRECCIÓN [[NOME ARTIGO]]
, que define a ese título coma unha páxina de redirección e indica o artigo obxectivo da mesma. Tamén é posible redirixir a unha sección específica do artigo obxectivo, usando a sintaxe #REDIRECCIÓN [[NOME ARTIGO#SECCIÓN]]
.
Esta páxina contén indicacións para o uso correcto de redireccións na Galipedia. Para axuda técnica de como funcionan as redireccións e como empregalas vexa: Axuda:Como redireccionar unha páxina.
Propósito das redireccións
[editar a fonte]Os motivos para crear e manter redireccións inclúen:
- Títulos alternativos, nas que redireccións teñen como obxecto redirixir cara un título alternativo máis coñecido ou habitual, usando o título máis axeitado para o artigo. Exemplo: Edison Arantes do Nascimento redirixe cara Pelé.
- Plurais, cando existen referencias de uso do plural e o singular dun mesmo concepto. Polo xeral, a redirección deberá apuntar cara ó singular correspondente. Exemplo: gases nobres redirixe cara gas nobre.
- Termos relacionados. Exemplo: Alcaldía redirixe cara Alcalde.
- Adxectivos que apuntan cara nomes.
- Formas menos específicas de nomes propios, cando o artigo en cuestión é o tema primario. Por exemplo, Einstein redirixe cara Albert Einstein, mentres que García é unha páxina de homónimos no canto dunha redirección, xa que non se considera a ningún García coma o tema primario para ese nome.
- Abreviacións e acrónimos. Exemplo: UE redirixe cara Unión Europea.
- Puntuación ou escritura alternativa. Exemplo: Al-Jazeera redirixe cara Al Jazeera.
- Erros habituais de escritura en nomes propios.
- Capitalizacións alternativas habituais. Exemplo: Selección Natural redirixe cara Selección natural.
- Cumprir co mantemento de historiais de edición non triviais seguindo os requirimentos de licenza.[1]
- Temas secundarios ou adicionais descritos dentro dun artigo maior. Estas redireccións terán coma obxectivo a sección particular do artigo que conteña o tema en cuestión.
- Redirecións cara páxinas de homónimos que non conteñen "(homónimos)" no título. (por exemplo, Manuel Ferreiro (homónimos) redirixe cara Manuel Ferreiro). Estas redireccións axudan no mantemento permitindo distinguir entre ligazóns a páxinas de homónimos que se fan cun propósito daquelas que si necesitan desambiguarse.
- Atallos dos espazos de nomes Wikipedia e Axuda.
- Axudar a evitar a creación de artigos duplicados.
- Axudar a navegación e procura de certos termos.
- Alias para marcadores e modelos de uso estendido e identificadores longos.
Nota: As redireccións cara outros proxectos Wikimedia, páxinas web externas, ou páxinas especiais non funcionan. Deben evitarse, e de non ser posible substituírse por unha {{redirección suave}}.
Como facer unha redirección
[editar a fonte]- Artigo principal: Axuda:Como redireccionar unha páxina.
Para crear unha redirección básica manualmente, insira #REDIRECCIÓN [[NOME PÁXINA]]
coma o único texto da páxina.
As redireccións tamén poden crearse automaticamente cando se move unha páxina existente cara outro título.
Borrado de redireccións
[editar a fonte]Motivos para borrar redireccións
[editar a fonte]As redireccións deben borrarse cando cumpren algunha destas condicións:
- A redirección dificulta moito a navegación e as procuras dos usuarios de artigos con nomes semellantes.
- A redirección pode causar confusión.
- A redirección é ofensiva ou abusiva, agás se fai referencia a contido verificable incluído no artigo obxectivo.
- A redirección ten o propósito de auto promoción ou spam.
- A redirección non ten unha conexión lóxica co artigo obxectivo.
- A redirección faise entre espazos de nomes fora do espazo de nomes "Artigo". (Coa excepción dos atallos)
- As redireccións rotas que apuntan cara si mesmas ou artigos non existentes entran dentro dos criterios de eliminación rápida.
- As redireccións que conteñan erros ortográficos/en nomes propios pouco habituais ou de baixa probabilidade de ocorrencia.
- Para facer sitio a un artigo que se vai mover a ese título.
- Se a redirección ten posibilidades de converterse nun artigo de seu, e o artigo obxectivo non contén case ningunha información do tema concreto.
- Redirección de categorías: As redireccións nas categorías deben evitarse e borrarse, movendo tódolos artigos dende a categoría redirixida cara a categoría correspondente que se vaia a manter definitivamente.
Categorización de páxinas de redireccións
[editar a fonte]As páxinas de redireccións non se inclúen en ningunha categoría.[2]
Neutralidade das redireccións
[editar a fonte]As redireccións de título non-neutral poden ser admisibles en determinadas circunstancias, particularmente se son títulos verificables, de uso estendido en múltiples fontes fiables, e útiles para a navegación. Este tipo de redireccións deben apuntar cara o artigo correspondente que conteña o título neutral.
Notas
[editar a fonte]- ↑ Enténdese como historiais de edición non triviais aqueles historiais de páxinas de redireccións que conteñen edicións válidas, conservadas no historial da páxina de redirección ao converterse nesta sen utilizar a función "mover a páxina". Polo xeral, neste tipo de casos os administradores deben fusionar estes historiais cos da páxina destino, deixando o historial da páxina de redirección só coa última entrada e pasando o resto de entradas do historial ao da páxina final. Nese momento este criterio xa non aplicará a redirección, que se deberá avaliar segundo o resto de criterios.
- ↑ Por motivos de mantemento existen algunhas excepcións noutros espazos de nomes distintos ó principal, como por exemplo as Redireccións de modelos Country data.