The Von Bondies
The Von Bondies | |
---|---|
Orixe | Detroit, Míchigan, |
Período | 1997 - 2011 |
Xénero(s) | rock alternativo, indie rock, garage rock revival, post-punk revival, punk blues |
Selo(s) discográfico(s) | Majordomo Records, Fierce Panda, Sire Records, Sympathy for the Record Industry, Dim Mak Records, Intheact Records, Model Citizen Records |
Membros | Jason Stollsteimer Leann Banks Christy Hunt Don Blum Marcie Bolen |
Na rede | |
The Von Bondies foi unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1997 en Detroit e activa ata o ano 2011. O grupo creárono Jason Stollsteimer e Marcie Bolen e pasou por varios cambios de membros e nomes, como The Baby Killers, antes de quedar con "The Von Bondies" no ano 2000. Don Blum uniuse no 1999 tras asistir a numerosos concertos de The Baby Killers, mentres que Leann Banks foi escollido tras unha audición. The Von Bondies déronse a coñecer tras un concerto de Ano Novo en Detroit no ano 2000. Como asistente ao concerto estaba Long Gone John, dono do selo Sympathy for the Record Industry. Isto fixo que Sympathy publicase o álbum de estrea da banda, Lack of Communication, en 2001.
No ano 2003 a banda editou o álbum ao vivo Raw and Rare a través do selo Dim Mak Records, que foi seguido en 2004 polo seu éxito Pawn Shoppe Heart, lanzado por Sire Records. Pawn Shoppe foi producido por Jerry Harrison de Talking Heads e co-producido por Stollsteimer. O disco acadou o número 36 nas listas británicas, e o 8 na lista estadounidense da Billboard Top Heatseekers, onde estivo oito semanas. O seu exitoso sinxelo "C'mon C'mon" acadou o posto 25 da Billboard Hot 100 e puido escoitarse nas radios de todo o país.
Unha versión máis curta de "C'mon C'mon" foi a sintonía da serie de televisión Rescue Me e foi interpretada ao vivo polo grupo na película de Michael Winterbottom 9 Songs. MLB Network tamén usa un anaco do tema na apertura do seu programa 30 Clubs in 30 Days.
No ano 2008 a banda asinou co selo indie Majordomo Records. A súa estrea coa discográfica foi o álbum Love, Hate and Then There's You, editado en febreiro do ano 2009 e que contiña o sinxelo "Pale Bride."
Coñecida como unha banda de directo, The Von Bondies ten encabezado xiras por Europa, Australia e os Estados Unidos, e foi abreconcertos de grupos como The Kills, Kasabian, Franz Ferdinand, Modey Lemon, SSM, The Subways, The Stills, Hot Panda e The Donnas. Tanñen aareceron nos programas Late Show with David Letterman, Last Call with Carson Daly e CD:UK.
O grupo separouse en xullo do 2011. A súa formación nese momento estaba composta por Jason Stollsteimer nas voces e na guitarra solista, Christy Hunt na guitarra rítmica e Leann Banks no baixo.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Lack of Communication | 2001 | Sympathy For The Record Industry |
Pawn Shoppe Heart | 2004 | Sire Records |
Love, Hate and Then There's You | 2009 | Majordomo Records |