Volta ciclista a Galicia
Tipo | carreira ciclista |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Unión Ciclista Internacional |
Localización e Datas | |
Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 |
País | España |
Vixencia | 1933 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Datos estatísticos | |
Primeiro gañador | Salvador Cardona, 1933 |
Máis títulos | Emilio Rodríguez (3) |
A Volta a Galicia foi unha carreira ciclista por etapas de nivel profesional, clásica do calendario español, que percorría as estradas de Galicia. Comezou a disputarse en 1933, sendo Salvador Cardona o seu primeiro gañador. Até 1955 tivo unha existencia irregular. En 1984 e 1985 celebrouse en xullo, entre 1987 e 1999 en agosto, e no 2000 en setembro. No seu tempo contou con gañadores tan salientables como Miguel Indurain, Julián Berrendero, Delio Rodríguez, Andrew Hampsten ou Abraham Olano. O corredor con máis vitorias é o ponteareán Emilio Rodríguez, con tres.
Outros ilustres participantes na carreira foron Lance Armstrong[1] (gañador dunha etapa na edición de 1992), Claudio Chiappucci (segundo da clasificación xeral en 1994), Pedro Delgado[2], Paolo Bettini (gañador dunha etapa na edición de 1999), Laurent Jalabert (terceiro da clasificación xeral en 1996), Gianni Bugno (gañador dunha etapa na edición de 1993) etc.
A proba desapareceu no calendario do ciclismo profesional trala edición do ano 2000, pero a Volta a Galicia renaceu en 2002 para ciclistas afeccionados, cun formato de 5 etapas que logo foi reducido a 3, disputándose sempre no mes de setembro.
Xerseis
[editar | editar a fonte]No caso da Volta a Galicia, estes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
- Xersei amarelo: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
- Xersei verde: vestido polo líder da clasificación de escaladores.
- Xersei vermello: vestido polo líder da clasificación das metas volantes.
- Xersei branco: vestido polo líder da clasificación dos xoves.
- Xersei azul: vestido polo primeiro galego da clasificación xeral.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Esta sección precisa reformularse seguindo unha orde cronolóxica. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Galicia, la primera etapa de la carrera más dura de un campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-07-27. Consultado o 2020-04-22.
- ↑ Vídeo en Youtube da etapa raíña da edición de 1993 con remate en Cabeza de Manzaneda (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Toda a historia da Volta a Galicia ó detalle en siteducyclisme Arquivado 14 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en francés)
- Palmarés da Volta a Galícia en Mémoire du cyclisme Arquivado 12 de xullo de 2009 en Wayback Machine. (en francés).
- Volta a Galicia na web da Federación Galega de Ciclismo