Voo 371 de TAROM
Voo 371 de TAROM | |
---|---|
O avión accidentado en 1994
| |
Resumo | |
Data | 31 de marzo de 1995 |
Causa | fallo do acelerador automático e incapacitación do piloto |
Lugar | Balotești, Romanía |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Otopeni |
Destino | aeroporto de Bruxelas |
Finados | 60 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A310-324 |
Operador | TAROM |
Rexistro | YR-LCC |
Pasaxeiros | 49 |
Tripulación | 11 |
Superviventes | 0 |
O voo 371 de TAROM era un servizo regular de pasaxeiros, operado cun Airbus A310, entre o aeroporto de Otopeni en Bucarest e o aeroporto de Bruxelas. O día 31 de marzo de 1995 o Airbus A310-324, con rexistro YR-LCC, que realizaba a ruta entrou en picado tras engalar e esnafrouse preto de Balotești en Romanía. As 60 persoas a bordo do avión morreron no accidente.[1]
A investigación do accidente revelou que o acelerador automático defectuoso reduciu o pulo do motor esquerdo e púxoo ao ralentí durante o ascenso. Mentres isto ocorría o capitán quedou incapacitado,[2][3] deixando ao primeiro oficial abrumado e incapaz de responder eficazmente ao erro. Trátase o peor accidente aéreo na historia de Romanía,[4][5] e tamén o peor de TAROM.[6]
Avión
[editar | editar a fonte]O avión accidentado era un Airbus A310-324 con rexistro YR-LCC e bautizado Muntenia por unha das rexións históricas de Romanía. O número de serie do fabricante (MSN) era 450, e o aparello voara por vez primeira en 1987. Inicialmente entregouse a Pan American World Airways en agosto dese ano co rexistro N814PA e o nome Clipper Liberty Bell. Tras a bancarrota de Pan Am en 1991 o avión pasou a mans de Delta Air Lines co mesmo rexistro. TAROM mercou o avión que se lle foi entregado en abril de 1994, pasando a rexistrarse YR-LCC. Tiña dous motores turboventilador Pratt & Whitney PW4152 e acumulaba 31 092 horas de voo e 6 216 ciclos. O seu certificado de aeronavegabilidade fora expedido o 13 de abril de 1994.[2][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "15 ani de la cea mai mare catastrofă aeriană din istoria României - Adevarul". web.archive.org. 2010-12-24. Archived from the original on 24 de decembro de 2010. Consultado o 2021-11-24.
- ↑ 2,0 2,1 "Informe oficial do accidente" (PDF). aias.gov.ro. Consultado o 25 de novembro de 2021.
- ↑ "Tarom A310 crash pilot was 'incapacitated'". Flight Global (en inglés). Consultado o 2021-11-25.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Airbus A310-324 YR-LCC Bucharest-Otopeni International Airport (OTP)". aviation-safety.net. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > ASN Aviation Safety Database > Geographical regions > Romania air safety profile". aviation-safety.net. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > ASN Aviation Safety Database > Operator index > Romania > Tarom". 143.95.41.247. Consultado o 2021-11-25.[Ligazón morta]
- ↑ "TAROM YR-LCC (Airbus A310 - MSN 450) (Ex N814PA )". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-25.