Xurxo Souto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1966 (58 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, acordeonista, actor, cantante, músico, locutor |
Instrumento | Acordeón |
Xurxo Manuel Souto Eiroa, máis coñecido como Xurxo Souto, nado na Coruña o 25 de xullo de 1966, é escritor, músico, locutor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi o líder e vocalista da banda de rock Os Diplomáticos de Monte-Alto entre 1990 e 2001, e gran difusor da música galega de agora e sempre. Outra das súas facetas a destacar é a de escritor. Ademais de ter sete libros publicados, ten colaborado con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.
Dende 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa da tralla, xunto a Aberto por reformas e Mil ribeiras, na Radio Galega. Desde outubro de 2005 até abril de 2009 foi Director de Programas desta emisora. Tamén participou en Sitio Distinto (Antón Reixa) e o Luar da TVG.[2]
No eido audiovisual dirixiu a serie de programas Repichoca, sobre música popular, para a TVE en Galicia; a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo e o documental Dos gaiteiros do mar.
Alén de Os Diplomáticos de Monte-Alto, tocou -voz e acordeón- no conxunto Os Tres Trebóns e mais en Banda Xangai.
En outubro de 2003 participou, xunto con Manuel Rivas, na reinauguración[3] da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos se converteron en padriños e socios de honra.
Tamén traballou como actor en producións galegas como a serie de éxito Mareas vivas ou o telefilme Entre bateas, de Jorge Coira.
Foi colaborador do periódico coruñés La Opinión e participou, como socio promotor, no nacemento do xornal Nós Diario, no que fai parte do seu consello de administración.
Foi profesor de secundaria no IES Val de Tea de Ponteareas e en 2022 no IES Gregorio Fernández de Sarria.[4]
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- A tralla e a arroutada (1995). Vigo: Xerais, Col. Ferros. 131 páxs. ISBN 84-7507-929-6.
- Fumareu (1997). Vigo: Xerais, Col. Ferros. ISBN 9788483021378 (2ª).
- O retorno dos homes mariños (1999). Vigo: Xerais. Reeditado en 2021: 144 páxs. ISBN 978-84-9121-819-7. ePub: ISBN 978-84-9121-816-6.
- Tres trebóns (2005). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9782-327-2. 5 relatos.
- Contos do mar de Irlanda (2014). Vigo: Xerais. 328 páxs. ISBN 978-84-9914-699-7. eBook: ISBN 978-84-9914-725-3 (6ª ed.).
- Cuentos del mar de Irlanda (2016). Pulp Books.[5]
- A gran travesía de Chiruca Macallás (2018). Xerais. 160 páx. ISBN 978-84-9121-447-2.[6]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Contos da Coruña (2001). Vigo: Xerais, Crónica, Memoria.[7] 264 páxs. ISBN 978-84-9782-633-4 (6ª ed.).
- Pangalaica (2020). Vigo: Galaxia. Recompilación de artigos publicados en Nós Diario. 96 páxs. ISBN 978-84-9151-561-6.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- O mar de adentro (1990). Edicións do Dragón.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Vigo: Xerais. Relato.
- A aldea terremota (1998). COAG. Relato.
- Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón. Relato.
- Materia prima (2002). Vigo: Xerais. Relato.
- Narradio: 56 historias no ar (2003). Vigo: Xerais. Relato.
- Manuel María: fotobiografía sonora (2005). Ouvirmos. Ensaio.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). Espiral Maior. Poesía.
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (2007). Espiral Maior. Poesía.
- Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora (2008). Ouvirmos. Ensaio.
- Lois Pereiro: fotobiografía sonora (2010). Ouvirmos. Ensaio.
- A terra queima (2013). Vigo: Xerais. 56 páxs. Infanto xuvenil. ISBN 978-84-9914-560-0.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2010: Premio Leixaprén pola promoción da lingua galega.
- 2014: Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2014, por Contos do mar de Irlanda.[8]
- 2019: Premio Facer País da Asociación Val do Láncara.[9]
- 2019: Arrraiano Maior.[10]
- 2021: Bos e xenerosos (con Elena Ferro e Henrique Peón), Fundación Eduardo Pondal.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pangalaica. Recortes poderosos. Talento e ruta". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-03-07.
- ↑ "Xurxo Souto, un personaje polifacético". fedellando. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2022. Consultado o 7 de marzo de 2022.
- ↑ Manolo Rivas e Xurxo Souto apadriñaron a inauguración da emisora Cuac FM que emite a través do 103.4 para A Coruña e a súa área de influencia Arquivado 11/7/2011, en Wayback Machine. (en castelán). Metamedia.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-03-05). "Xurxo Souto: "Cantamos en grego e en latín nas clases"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-03-07.
- ↑ "Cuentos del mar de Irlanda". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 4/7/2019.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-07.
- ↑ Diario, Nós. "“Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto, libro do ano nos Premios Irmandade". Nós Diario. Consultado o 2022-03-07.
- ↑ "Xurxo Souto recibirá o Premio Facer País da Asociación Val do Láncara pola súa difusión da cultura galega entre a mocidade". Diputación de Lugo. Consultado o 2022-03-07.
- ↑ Redacción (9/8/2019). "Xurxo Souto xa é Arraiano Maior". laregion.es (en castelán). Consultado o 21/11/2020.
- ↑ culturagalega.org (2021-08-06). "A Fundación Pondal outorgoulles o seu recoñecemento honorífico". culturagalega.org. Consultado o 2022-03-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xurxo Souto |
- Personalidades da música de Galicia
- Personalidades do audiovisual galego
- Cantantes de Galicia
- Cantantes en lingua galega
- Acordeonistas de Galicia
- Xornalistas da Coruña
- Escritores en lingua galega
- Personalidades da Radio Galega
- Nados na Coruña
- Nados en 1966
- Contistas
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela