Shi Jian 4
Shi Jian 4 ou SJ 4 foi un satélite artificial da China lanzado o 8 de febreiro de 1994 a bordo dun foguete CZ-3A desde o Centro de lanzamento de Xichang.[1][2][3]
Shi Jian 4 / SJ 4 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Fabricante | CAST |
Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 8 de febreiro de 1994[1][4][5][6] |
Foguete portador | CZ-3A[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro de lanzamento de Xichang[1][2] |
Obxectivo da misión | Medicións da contorna terrestre.[1][2] |
NSSDC ID | 1994-010A |
Masa | 400 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 15 231 km[4] |
Inclinación | 28,9º[4] |
Apoapse | 17 408,8km[4] |
Periapse | 311,5km[4] |
Características
editarSJ 4 foi lanzado para estudar a contorna da radiación en órbita terrestre. Foi deseñado e construído pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 400 kg e forma de cilindro de 1,6 m de diámetro e 2,1 m de altura. Estabilizábase mediante xiro e levaba seis instrumentos a bordo:[1][2][3]
- Un detector de electróns de alta enerxía.
- Un detector de ións pesados e protóns enerxéticos.
- Un analizador electrostático.
- Un monitor de efecto dinámico de eventos únicos.
- Un monitor de eventos únicos.
- Un monitor de potencial en superficies.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shijian 4" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2021). "SJ" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SJ 4" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SJ-4" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2021). "KF 1 / SJ 4 / Shi Jian 4" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ "Note verbale dated 27 June 1996 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-85185 (E)). 1 de agosto de 1996: 2. Consultado o 4 de abril de 2021.