[go: nahoru, domu]

Shi Jian 8 ou SJ 8 foi un satélite artificial da China lanzado o 9 de setembro de 2006 a bordo dun foguete CZ-2C desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[1][4][3]

Shi Jian 8 / SJ 8
TipoCientífico
FabricanteCAST
Data de lanzamento9 de setembro de 2006[1][2]
Foguete portadorCZ-2C[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[1][4]
Obxectivo da misiónExperimentos biolóxicos.[1][4]
Regreso1 de novembro de 2006[2]
NSSDC ID2006-035A
Masa3000 kg[3]

Características

editar

SJ 8 era un satélite recuperable baseado nos satélites de recoñecemento Fanhui Shi Weixing. Levaba a bordo 215 kg de sementes de plantas e fungos para ser expostas á contorna espacial. As sementes foron recuperadas tras varias semanas en órbita e cultivadas para comprobar se se podía obter algunha mellora.[1][4][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 NASA (5 de abril de 2021). "Shijian 8" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SJ-8" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SJ 8" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Mark Wade (2021). "SJ" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar