Barbara Kegerreis Lunde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 (86/87 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Iowa State University (pt) |
Actividade | |
Ocupación | física |
Empregador | Iowa State University (pt) |
Barbara Kegerreis Lunde, nada en 1937, é unha física e enxeñeira eléctrica estadounidense. Traballou para a NASA na década de 1960, onde desenvolveu varios instrumentos para diversos proxectos. Lunde foi a segunda muller en graduarse na Universidade Estatal de Iowa cun doutoramento en física e a primeira muller de Iowa en converterse en enxeñeira eléctrica profesional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lunde, filla dun enxeñeiro eléctrico, físico e radiólogo, creceu en Elmhurst, Illinois.[1] Graduouse no York Community High School en 1955.[2][3]Tras o instituto, obtivo unha licenciatura e un máster en física na Universidade de Northwest en 1957 e 1959, respectivamente. Tras a súa gradación, Lunde foi contratada no MIT, onde traballou no deseño de sistemas de guía para o mísil Minuteman.[2] En 1961, comezou a traballar como enxeñeira no Centro de Voos Espaciais Goddard,[4] onde axudou a desenvolver un sistema de propulsión a chorro máis sinxelo para o seu uso no espazo.[1] Tamén traballou como directora de proxecto no Reliable Earth Sensor (Sensor Terrestre Fiable). Ao principio da súa carreira, Lunde lembra que a miúdo era a única muller nas conferencias científicas.[1]
Lunde trasladouse a Ames, Iowa, onde axudou a construír unha emisora de radio e onde tamén comezou a estudar na Universidade Estatal de Iowa.[3] A emisora de radio, KLFM, da que era copropietaria o seu marido Paul, foi construída e mantida por Lunde.[5] Máis tarde, en 1970, converteuse na segunda muller en graduarse na Universidade Estatal de Iowa cun doutoramento en física.[3] Lunde foi tamén a primeira muller en converterse en enxeñeira eléctrica profesional en Iowa.[5] Lunde tamén traballou como profesora adxunta en Iowa State.[6] Na década de 1980, xurdiu outro traballo a partir do seu labor na radio, cando Lunde empezou a crear roupa interior para protexer aos usuarios das radiacións electromagnéticas[5] e chamou á empresa Silver Lining.[7]
Lunde empezou a traballar como tecnóloga aeroespacial para a FAA en 2003 como especialista en formación.[6] Xubilouse en 2013 e trasladouse a Minneapolis.[3] En 2015, foi galardoada co premio Richard S. Alberg ao profesional distinguido da ciencia e a tecnoloxía.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Lady Scientist's Credo for the Job: 'Feminine But Not Distracting'". Daily Republican-Register. 30 xuño 1964. Consultado o 1 xullo 2019 – vía Newspapers.com.
- ↑ 2,0 2,1 Fanelli, Matt (8 novembro 2016). "Under the Monocle: Dr. Barbara Kegerreis Lunde". This is York. Consultado o 2019-06-29.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Alumni Focus" (PDF). Dimensions: 7. Spring 2015.
- ↑ "Space Exploration". Digital Public Library of America. Consultado o 2021-04-22.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "KLFM: Built, Run by a Lady". 7 marzo 1988. Consultado o 1 xullo 2019.
- ↑ 6,0 6,1 "Department of Physics and Astronomy" (PDF). Spring 2015: 7.
- ↑ "Look for a Silver Lining". 21 decembro 1986. Consultado o 1 xullo 2019.
- ↑ "Distinguished Scientists and Technologists". Minnesota Federation of Engineering, Science, and Technology Societies. 2015-06-15. Consultado o 2019-06-29.