Chumi
Chumi | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Brandariz Movilla | ||
Nacemento | 2 de marzo de 1999 | ||
Lugar de nacemento | A Laracha | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Almería | ||
Número | 21 | ||
Carreira xuvenil | |||
2006–2008 | Laracha | ||
2008–2009 | Montañeros | ||
2009–2014 | Deportivo da Coruña | ||
2014–2018 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2018–2020 | Barcelona B | 44 | (0) |
2018 | Barcelona | 0 | (0) |
2020– | Almería | 79 | (3) |
Selección nacional | |||
2014–2015 | España sub-16 | 7 | (1) |
2015–2016 | España sub-17 | 12 | (1) |
2016 | España sub-20 | 2 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de febreiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Brandariz Movilla, máis coñecido como Chumi, nado na Laracha o 2 de marzo de 1999, é un futbolista galego que xoga como defensa central ou lateral dereito no Almería, da Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Naceu na Laracha, sendo fillo do coruñés Fernando Brandariz e de Mercedes Movilla, natural de Castro Caldelas.[1] Comezou a xogar ao fútbol aos 7 anos na canteira do Laracha, onde axiña destacou, polo que pouco despois foi fichado polo Montañeros da Coruña. En 2009 ingresou na canteira do Deportivo da Coruña.[2] Co equipo cadete do club coruñés, adestrado por Juan Ignacio Subirán, conquistou a Liga Galega e proclamouse campión de España tras vencer ao Zaragoza na final da Copa Coca-Cola.[1][3] As súas actuacións fixeron que se fixase nel o FC Barcelona, que o fichou ese mesmo verán.[1][4]
FC Barcelona
[editar | editar a fonte]Aínda en idade cadete, comexou a xogar co xuvenil B do Barça, e na temada 2017/18 consagrouse co xuvenil A, proclamándose campión do grupo III da División de Honra e conquistando a Liga Xuvenil da UEFA, tras vencer por 0-3 ao Chelsea na final disputada no Centre Sportif de Colovray de Nyon, partido que disputou completo.[5]
En 2018, rematada a súa etapa como xuvenil, foi subido ao filial, na Segunda División B,[6] debutando nun partido ante o Ejea.[7] O 1 de novembro do mesmo ano disputou o seu primeiro partido co primeiro equipo, sendo aliñado por Ernesto Valverde como titular na vitoria por 0-1 ante a Cultural Leonesa na Copa do Rei, formando no centro da defensa xunto a Jorge Cuenca.[8] Foi titular tamén no encontro de volta, así como na ida dos oitavos de final ante o Levante. Unha semana despois dese último partido orixinouse unha gran polémica debido á súa participación no encontro, cando o xornal El Mundo publicou que o xogador galego non debería ter sido aliñado, despois de recibir un quinto cartón amarelo un día antes nun partido co filial.[9] O Levante denunciou o caso pero a súa reclamación foi desestimada por ter sido presentada fóra de prazo.[10]
O 8 de novembro de 2018 renovou o seu contrato co Barça ata 2020, cunha cláusula de rescisión de 100 millóns de euros.[11] Disputou 28 partidos co filial na tempada 2018/19 e 16 na seguinte, ata que a pandemia de COVID-19 paralizou as competicións.[1] O 30 de xuño de 2020, despois de dúas campañas co filial, deixou o club ao vencer o seu contrato.[12]
Almería
[editar | editar a fonte]O 10 de setembro de 2020 fíxose oficial a súa fichaxe polo Almería, da Segunda División.[13] Durante a súa primeira campaña no club andaluz, apenas contou coa confianza do adestrador, o portugués, José Gomes, situación que mudou trala chegada de Rubi ao banco almeriense.[14] Disputou sen éxito a promoción de ascenso en 2021, e na tempada 2021/22 proclamouse campión da categoría, sendo titular indiscutible no centro da defensa, xunto ao serbio Srđan Babić, ata que unha lesión o obrigou a pasar polo quirófano.[14][1]
O 14 de agosto de 2022 debutou na Primeira División, na primeira xornada da tempada 2022/23 ante o Real Madrid no Estadio de los Juegos Mediterráneos, partido no que foi titular.[15] Converteuse así no terceiro larachés en xogar na máxima categoría do fútbol español, tras Carlos García Becerra e David Añón.[1]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas categorías inferiores da selección española entre 2014 e 2016. Foi convocado por Santi Denia para as seleccións sub-16 e sub-17, e con esta última proclamouse subcampión de Europa en 2016 en Acerbaixán, tras perder na quenda de penaltis da final contra Portugal.[16]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Almería
- Segunda División (1): 2021/22.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Maceiras, Xabier (8 de febreiro de 2024). "CHUMI BRANDARIZ MOVILLA, OUTRO LARACHÉS NA PRIMEIRA DIVISIÓN". Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "El gallego Chumi ficha por el Almería". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de setembro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "O Dépor vence ao Zaragoza e é campión de España cadete". 15 de xuño de 2014. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ Domènech, Oriol (16 de xaneiro de 2015). "El sueño de Chumi" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "Chelsea 0-3 FC Barcelona". UEFA. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "Chumi renueva hasta 2020" (en castelán). 5 de xuño de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "FC Barcelona B - SD Ejea: Derrota en el estreno en casa (0-1)" (en castelán). 1 de setembro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "De la gira americana al debut en partido oficial con el primer equipo" (en castelán). 1 de novembro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "El Barcelona cometió alineación indebida en el partido de ida de Copa del Rey contra el Levante". El Mundo (en castelán). 18 de xaneiro de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ Canibe, Álvaro (2 de novembro de 2019). "¿Qué fue de Chumi, el jugador de la alineación indebida del Barça?". As (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ Bona, German (5 de xuño de 2018). "Chumi renueva y su cláusula asciende a los cien millones". Diario Sport (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "Chumi, Kike Saverio, Sergi Puig y Guillem no continúan en el Barça B" (en castelán). 30 de xuño de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "El Almería se hace con los servicios de Chumi, central del Barcelona B" (en castelán). 10 de setembro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ 14,0 14,1 "Era el gran olvidado del Almería". Cadena SER (en castelán). 14 de outubro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ Casas, Arnau (25 de febreiro de 2023). "Chumi, central del Almería: "Estamos muy involucrados en este proyecto"" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ Harrison, Wayne (21 de maio de 2016). "Portugal win second U17 EURO title on penalties". UEFA (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2024.